DISLEXIA
En primeiro lugar, debemos partir
dunha premisa importante:
Non centrarse no diagnóstico senón
en DAR RESPOSTA ás necesidades que presenta o A.N.E.A.E
PRINCIPIOS
DA EDUCACIÓN:
Para a
atención á Diversidade debemos partir do que a LOMCE 8/2013 ou a LOE
2/2006 establece como principios da educación: a calidade da educación para todo o
alumnado; a equidade, a inclusión educativa e a non discriminación; a concepción da educación ao longo de toda a
vida; a flexibilidade para
adecuar a educación á diversidade de
aptitudes, intereses, expectativas e necesidades do alumnado; a orientación educativa e profesional do
estudantado; o esforzo compartido por
alumnado, nais, pais ou titores e titoras legais, profesorado, centros,
administracións, institucións e o conxunto da sociedade, e a autonomía para establecer e adecuar as
actuacións organizativas e curriculares. Mediante eses principios trátase de
conseguir o éxito escolar de todo o
alumnado.
O fin da educación ou o obxectivo prioritario da ATENCIÓN Á
DIVERSIDADE debe ser que todo o alumnado alcance o
máximo desenvolvemento persoal, intelectual, social e emocional, asegurando os
recursos necesarios para que o alumnado que requira unha atención educativa
diferente á ordinaria poida acadar o máximo desenvolvemento posible das súas
capacidades, así como os obxectivos establecidos con carácter xeral para todas
as alumnas e alumnos cunha atención integral. tratando de evitar as
desigualdades derivadas de factores sociais, económicos, culturais,
xeográficos, étnicos ou doutra índole. La atención a la diversidad de todo
el alumnado desde una perspectiva inclusiva y compensadora, a fin de dar
respuesta a sus necesidades educativas, considerando sus intereses,
motivaciones y capacidades para el aprendizaje en un entorno normalizado.
A diversidade, pois, é unha realidade social, e, polo
tanto, unha realidade en cada centro educativo; realidade derivada da
singularidade biolóxica, psicolóxica, social e cultural de cada alumna e cada
alumno, da singularidade de cada familia e de cada unha das profesoras e dos
profesores, tamén das particularidades de cada centro e de cada comunidade
educativa no seu conxunto. E a resposta educativa a esa diversidade debe
concretarse en cada un dos proxectos educativos, en cada unha das ensinanzas,
na coordinación docente, na personalización da educación de cada unha das
alumnas e alumnos, nos recursos e medidas educativas, nos compromisos
familiares e sociais e en todo o que contribúa ao máximo desenvolvemento
persoal e social do alumnado e á súa preparación para convivir e participar, de
forma autónoma, nunha sociedade democrática.
A atención á diversidade da respostas a diferentes capacidades, intereses,
motivacións, estilos e ritmos de aprendizaxe, a compensar desigualdades
educativas, sociais, xeográficas, culturais,..(art. 3, D. 229/2011) ás necesidades educativas especiales, ás dificultades específicas de aprendizaje, ao
alumnado con TDAH, ao alumnado con altas
capacidades intelectuales, á incorporación tardía ao sistema educativo como se
reflicte no TÍTULO II, CAP. I da LOMCE.
A DISLEXIA
fai referencia á dificultade na aprendizaxe, distinción, memorización de
letras, grupos de letras, falta de orden e ritmo na colocación e mala
estructuración de frases afectando tanto á lectura como á escritutra.
A Dislexia
evolutiva ou de desenvolvemento fai referencia a aqueles suxeitos que non son
quen de deletrear, ler, escribir con facilidade no momento inicial da
aprendizaxe.
Os
retrasos madurativos localízanse a nivel neurolóxico ou nas funcións
psicolóxicas.Os retrasos madurativos neurolóxicos que poden ocasionar
dificultades concretas na aprendizaxe da lectoescritura son:
-retrasos
evolutivo-funcionais do hemisferio esquerdo que producen alteracións
perceptivas e nos procesos simbólicos
-retrasos
no desenvolvemento do hemisferio
esquerdo orixinado por anomalías neuroanatómicas
Ademáis
existen retrasos na maduración das funcións psicolóxicas que tamén producen
dificultades específicas na aprendizaxe da lectoescritura e estes son:
-retrasos
do desenvolvemento perceptivo-visual
-retrasos na adquisición do esquema
corporal
-retrasos no desenvolvemento da
coordinación dinámica
-retrasos no desenvolvemento dos
procesos psicolingüísticos básicos
Porén
predominan factores neurolóxicos (dominancia cerebral, lateralidade,...),
cognitivos (déficits perceptivos e de memoria, de procesamento verbal)
Tipoloxía
de dislexia:
-dislexia
auditiva ou disfonética
-dislexia
visual ou diseidética
-dislexia
aléxica ou visoauditiva
Subtipos
-dislexia
audiolingüística
-dislexia
visoespacial
-dislexia
fonolóxica
-dislexia
morfémica
-dislexia
visual-analítica
A dislexia
afecta principalmente ao proceso lectoescritor ainda que outras áreas poden
estar afectadas en maior ou menor medida. Estas áreas poden ser:
-memoria
de traballo, atención, coordinación, percepción e orientación espacio-temporal.
Ainda que
na etapa de E. Infantil non estea totalmente consolidado o proceso lector e
escritor e porén non se poida facer un
diagnóstico fiable podemos detectar alumnado que presenta sinais de risco por
ter motas dificultades en áreas ou ámbitos como a percepción, a orientación
espacial, a lateralización, a motricidade-psicomotricidade, funcionamento
cognitivo, funcionamento psicolingüístico, linguaxe (omisións, inversións,
susbstitucións, insercións, confusións,...), dominancia lateral, esquema
corporal, déficits espacio-temporais, desenvolvemento emocional, conciencia
semántica,...
ÁMBITOS/ÁREAS A DESENVOLVER NA
INTERVENCIÓN
-Educación multisensorial
-Educación psicomotriz: esquema
corporal, lateralización, orientación espacio-temporal
-Entrenamento perceptivo-motriz e
coordinación viso-espacial
-Desenvolvemento psicolingüístico:
recepción auditiva, recepción visual, asociación auditiva, asociación visual,
expresión verbal, habilidades metafonolóxicas (segmentación de palabras-léxica,
de sílabas, de fonemas-fonémica, sopa de letras, rimas,...)
(Propostas:
programa de intervención Lateralidade e organización espacial, mes dee marzo
2017)
Outras problemáticas que ás veces relaciónanse
son:
-DISORTOGRAFÍA:
Conxunto de erros da escritura que afectan á palabra e non ao seu trazado ou
grafía, á calidade da grafía.
-DISGRAFÍA:
Trastorno de tipo funcional que afecta á calidade da escritura do suxeito no
que se refire ao trazado e a grafía.
ORIENTACIÓNS PARA TRABALLAR A LINGUAXE ESCRITA E/OU OS TRASTORNOS NA LINGUAXE ESCRITA
Que é a Dislexia? Que é un trastorno da linguaxe escrita?
A Dislexia ou Trastorno na linguaxe escrita como se denomina no DSM-V é un trastorno que se caracteriza por ter unha dificultade á hora de comprender tanto textos escritos, como para memorizar ou distinguir algunhas letras, ou grupos de letras entre algunhas cousas máis. Polo xeral, este trastorno preséntase entre os 8 e os 13 anos de idade, dáse cando o hemisferio cerebral que é responsable de procesar a información visual, actúa dunha forma máis lenta que o hemisferio que é o encargado dos procesos asociados á linguaxe. Nalgunhas ocasións, a Dislexia tamén se asocia coa disgrafia ou a dificultade de escribir. Ter este trastorno, fai que ,en xeral, os procesos de aprendizaxe sexan máis difíciles de levar a cabo con normalidad, e en algunhnas ocasións, dependendo dos síntomas que se presenten, pode chegar a ser unha situación incapacitante.
Os síntomas que poden darse, poden aparecer en conxunto ou de forma illada, isto último resulta máis común. Os síntomas poden ter dúas orixes, en primeiro lugar, están os factores neurofisiológicos que se dan por mor dunha maduración moito máis lenta do sistema nervioso, e doutra banda están os factores psicolóxicos xa que as presións e as tensións que se dan inflúen drásticamente no progreso deste trastorno.
Cando estamos a falar do proceso da aprendizaxe da linguaxe escrita debemos ter en conta que interveñen diferentes procesos: perceptivos (percibir e interpretar as letras e palabras), léxicos (ler correctamente as palabras), sintácticos (interpretar as diferentes estruturas sintácticas, signos de puntuación,…) e semánticos (extraer o significado do lido, integralo na memoria e realizar inferencias), cognitivos, afectivos-emocionais, atencionais,…
En Educación Infantil, é prematuro falar de DISLEXIA pero si podemos establecer accións para que, de existir en cursos posteriores, teñamos moitos aspectos xa desenvolvidos. Pois a estas idades non é posible valorar a velocidade lectora, erros cando len palabras, omisión de letras nunha palabra ou palabras completas; substitución dunha letra por outra; substitución de palabras ao ler; engadir letras ou palabras na lectura, confusión de letras similares:P-B-D-Q;M-N-OU-Ñ-H;etc
Outros aspectos importantes que poden ter menos desenvolvido é:
· Memoria a curto prazo
· a conciencia fonética, é dicir a capacidade de analizar os sons do fala (dificultades sobre todo a nivel de fonemas).
· Dificultades de orientación espacial: dificultades para imitar xestos en espello, identificar dereita, esquerda,…
· Dificultades visioperceptivas: problemas para reproducir debuxos sen sentido, varias figuras geométricas ou liñas que seguen diferentes traxectorias; dificultades para discriminar debuxos similares ou símbolos, distinguir arriba e abaixo, diante-detrás, identificar figuras-imaxes-letras iguais ou diferentes a un modelo, dificultades para identificar diferentes figuras-imaxes-letras iguais a un modelo,…
· Problemas de psicomotricidade: están frecuentemente asociados á dislexia, trastornos como os do ritmo, equilibrio ou aqueles que teñen un pobre coñecemento do seu esquema corporal.
· Poden ter dificultade para traballar con outro tipo de símbolos: números, signos matemáticos.
· O seu rendemento está por baixo do promedio da súa idade en tarefas de memoria visual inmediata e tarefas de ritmo.
· Problemas coa lateralidade: a lateralización é o proceso polo cal o neno vai facendo máis dominante un lado que o outro a medida que se desenvolve, o dereito ou o esquerdo, diestros ou zurdos e non está definitivamente establecida ata os 6 anos.
O rendemento intelectual en xeral é correcto (por
exemplo, o Cociente Intelectual está dentro dos valores normais). Parece que só
está afectada a lectura e os procesos que conleva.
O diagnóstico é complexo, xa que cada dislexia é distinta e evoluciona de forma diferente en cada neno. Necesítase unha avaliación psicopedagógica específica. Doutra banda, para estar completamente seguros do diagnóstico, recoméndase esperar ata os 7 ou 8 anos.
Exemplo de actividades para mellorar a Dislexia: As actividades deben promover o desenvolvemento da percepción, da conciencia fonolóxica, da atención, da memnoria, da lateralidade,….e sempre con GUÍAS para o ÉXITO.
-
identificar sons, aislar sons
-conciencia
fonemas
-percepción
e discriminación visual e espacial de formas xeométricas dando un modelo
-identificar
letras nunha palabra dando un modelo
-localizar
letras nunha determinada posición dando un modelo
-identificar
figuras iguais a un modelo
-identificar
letras iguais a un modelo
-identificar
palabras iguais a un modelo
-asociar
imaxe e palabra
-realizar
bingos de letras
-executar
laberintos de formas, de letras, de
palabras,…
-aislar
letras dunha palabra dando modelo
-aislar
sílabas dunha palabra dando modelo
-aislar
palabras dunha frase dando modelo
-contar
palabras dunha frase
-contar
letras dunha palabra
-Exercicios de linguaxe: nomear e definir
obxectos, debuxos, contar contos.
-Exercicios perceptivos e manuais: recoñecer e
agrupar obxectos segundo a cor, segundo o tamaño e a forma.
-Exercicios para mellorar o coñecemento da súa
propia estrutura corporal.
-Exercicios de actividade
mental: de atención e memoria, organizar e ordenar elementos, observar e
distinguir uns obxectos doutros.Exercicios espaciais (abaixo-arriba,
diante-detrás, etc.)
-Exercicios de equilibrio
estático: manterse sobre un pé, manterse na punta dos pés, etc.
-Exercicios de equilibrio
dinámico: saltar sobre dous pés, saltar cun pé, etc
-Exercicios para coñecer o seu
propio corpo: sinalar partes do corpo, dicilas polo seu nome, etc.