Ás veces podemos preguntarnos que facer co alumnado cando contemplamos unha obra de arte?
Tal como aparece reflectido na Orde ECD 65/2015 pór ao alumnado en contacto coa arte favorece o desenvolvemento da competencia en conciencia e expresión cultural pois implica
coñecer, comprender, apreciar e valorar
con espírito crítico, cunha actitude aberta e respectuosa, as diferentes manifestacións culturais e artísticas. Por outra parte, serán
utilizadas como fonte de enriquecemento e desfrute persoal e deberán ser consideradas polos nenos e nenas como parte da riqueza e
patrimonio dos pobos. Esta competencia incorpora tamén un compoñente expresivo
referido á propia capacidade estética e
creadora e ao dominio daquelas capacidades relacionadas cos diferentes códigos artísticos e culturais,
para poder utilizalas como medio de comunicación Comprende a concreción da cultura en
diferentes autores e obras, así como en
diferentes xéneros e estilos. Incorpora, así mesmo, o coñecemento básico das
principais técnicas, recursos e convencións das diferentes linguaxes artísticas
e a identificación das relacións existentes entre esas manifestacións e a
sociedade, o cal supón tamén ter conciencia da evolución do pensamento, as
correntes estéticas, as modas e os gustos, así
como da
importancia representativa, expresiva e comunicativa dos factores estéticos na vida cotiá. Os ditos
coñecementos son necesarios para pór en funcionamento destrezas como a aplicación de diferentes habilidades de
pensamento, perceptivas, comunicativas, de sensibilidade e sentido estético para poder
comprendelas, valoralas, emocionarse e desfrutalas.
Favorecer a creación, a análise, a reflexión de arte (pintura, literatura, escultura,...) leva consigo que ós nenos e nenas recoñecezan, identifiquen, comparen técnicas, formas, cores, distribución do espazo, a mensaxe,...
Algunhas das actividades poderían ser:
-Elección de obras de arte, que argumenten as súas eleccións entre un abano de mostras, ...
-analizar o título (número de palabras)
-buscar información sobre o creador, creadora
-inventar un título con determinadas propiedades ( integrar 2 palabras novas, que leve determinada palabra,...)
-imprimir e
realizar puzzles-crebacabezas
-recrear ou
reinterpretar o cadro con diferentes recursos: colocando elementos reais na
mesma posición e fotografiar, recortando e pegando imaxes de folletos, pegando elementos con relevo (pasta de papel, plastilina, papeis de xornais, papel
encolado,...)
-engadir na nova recreación 3
elementos novos (que poden ser obxectos intrusos,...)
-identificar e
nomear os obxectos ou elementos do cadro ou da escultura
-crear un texto enumerativo cos elementos, personaxes, obxectos,..
-establecer (2-3) semellanzas e diferenzas entre 2-3 mostras pictóricas, escultóricas,...
-crear códigos para traballar cun escornabot
-crear un mapa mental ou burbullas de coñecemento coas características, elementos, cores, formas,...
-identificar as posicións dos obxectos no espazo
-crear unha historia empregando aplicacións de narrativa dixital (story jumper)
No cadro seguinte do pintor tudense LIS que poderiamos aprender?
-que aparece no cadro?
-como se llama ese instrumento?
-buscamos outros semellantes?
-identificas cores?
-como se titulará este cadro?
-inventas un novo título de 6 palabras?
-inventamos unha historia na que aparezan palabras como: bosque, auga, festa, música,...?
-deseñamos un mapa mental do cadro? (cores, persoas, vestiario,...)
-gravamos un titorial sobre o cadro?
-que partes do corpo aparecen na figura do cadro?
-buscas outro cadro semellante?
-deseñas un mapa mental comparando os dous cadros?
-identificas cores?
-como se titulará este cadro?
-inventas un novo título de 6 palabras?
-inventamos unha historia na que aparezan palabras como: bosque, auga, festa, música,...?
-deseñamos un mapa mental do cadro? (cores, persoas, vestiario,...)
-gravamos un titorial sobre o cadro?
-que partes do corpo aparecen na figura do cadro?
-buscas outro cadro semellante?
-deseñas un mapa mental comparando os dous cadros?