viernes, 1 de mayo de 2015

O PROCESO DE LECTOESCRITURA 2

O DESENVOLVEMENTO DA LINGUAXE                

1.- Etapas no desenvolvemento da linguaxe (paralelismo co desenvolvemento neuromotor, auditivo e psíquico)

                        O desenvolvemento do cerebro en relación coa adquisición da linguaxe iníciase coa formación da vía acústica pre-talámica (5º mes de vida prenatal) e se pecha coa maduración dos plexos intracorticales (13-15 anos de idade) o que sinala a estructuración integral do sistema morfosintáctico e semántico da linguaxe 


a)      Etapa prelingüística (0-12 meses)

DESENVOLVEMENTO NEUROMOTOR

Formación primeiros reflexos condicionados. conduta motora instintiva. Movemento dos labios e boca para alimentarse: succiona, deglute, mastica, chupa, eructa. Movimentos incontrolados de mans e pernas. Gatexo.

A AUDICIÓN

 Reacción reflexa ó estímulo sonoro. Atención e alerta ó estímulo sonoro. Desde os oito meses iníciase o condicionamento auditivo vocal.

DESENVOLVEMENTO DO PSIQUISMO

Comeza a desenvolver sistemas de movimentos e percepción. É o período sensoriomotor (PIAGET) ou prelingüístico (AJURIAGUERRA). Iníciase a conciencia da realidade a través da relación coa nai, sobre todo.

A COMPRENSION

Primeiramente reacciona indiferenciadamente á voz humana. Pouco a pouco se establecen as diferenciacións, reaccionando incluso según a entonación da voz. Identifica o seu nome. Ó remate desta etapa, comprende denominacións de partes grosas do seu corpo e algunhas denominacións de obxectos habituais. Comprende ordes e instruccións moi sinxelas: ¡Non!, toma, dame, mira, ven ... Segundo investigacións recientes relacionadas co Innatismo de CHOMSKY, os bebés (polo menos desde os 7 meses) poñen en xogo unha serie de regras lingüísticas para tentar comprender as expresións que lles dirixen os adultos.

q  A EXPRESIÓN E O VOCABULARIO

Chora, rí, fai sons inarticulados e balbuceo espontáneo sen intervención  do control auditivo nun principio, como unha actividade lúdica na que o bebé parece gozar co funcionamento dos seus órgaos. O control auditivo comezaría sobre os 6/8 meses dando lugar ó balbuceo imitativo que conforma os primeiros esbozos na imitación da fala , neste período se produce en certos momentos (despois das tomas, ou cando se lle cambia o pañal, ou no baño etc.) unha auténtica correspondencia vocal entre o neno e a nai/pai mediante o laleo. Xa ós 10 ou 12 meses pronuncia as primeiras palabras, xeralmente: papá  e mamá.  

A ARTICULACIÓN 

Voces inarticuladas e ó final xunto coa articulación das primeiras palabras, iniciación dos estereotipos fonemáticos (fórmulas fixas de pronunciación dos fonemas).  
b)      Etapa Inicial (12-24 meses)
Ø  Idade da locomoción (12-18 meses):

a)      DESENVOLVEMENTO NEUROMOTOR

Bipedestación, locomoción. Control de esfínteres. Enerxía “inagotable”

A AUDICIÓN

Cada vez ten máis atención ós estímulos auditivos. Perfecciónase o desenvolvemento da discriminación auditiva grosa e a localización do punto de partida