sábado, 2 de mayo de 2015

ACTIVIDADE INCLUSIVA INTERCENTROS: ACEESCA-CRA

O CRA MESTRA CLARA TORRES e o CPR de E.E. ACEESCA (O Porriño) están a  realizar as 2º XORNADAS DE CONVIVENCIA, unhas xornadas de aprendizaxe cooperativo para desenvolver un Proxecto de linguaxe artística (música e plástica).
O Obradoiro desenvolverase na aula de AREAS o 30 de abril, 8 de maio e 14 de maio.
Con material de refugallo, unha representación do alumnado de ACEESCA e todo o alumnado de Areas, CREARANSE  INSTRUMENTOS MUSICAIS.

Xa VIVIMOS E SENTIMOS unha xornada XUNTOS!

Que de aprendizaxes para a vida!

A diversidade e as diferencias enriquecen, nos ensinan as mil caras dun prisma, as posibilidades de querer, de amar, de aprender, de comunicarse,...

Foi un día CREATIVO onde ABRIMOS FIESTRAS Á DIVERSIDADE, Á INCLUSIÓN.
Xa vos podemos amosar algún momento:



 Se queredes ver unha momtaxe que realizou a titora de Areas debedes premer no seguinte enlace:
http://escoladeareastui.blogspot.com.es/2015/04/actividad-colaborativa-con-aceesca.html

No curso 2013-14 tivemos un conto sensorial como eixo de unión:
http://escoladeareastui.blogspot.com.es/2014/03/luns-especial-visita-do-centro-aceesca.html