jueves, 21 de mayo de 2015

LECTURAS SOLIDARIAS E OUTRA VIDA PARA AS PRENDAS DE VESTIR PARA UN APRENDIZAXE SERVIZO



21 de maio: ACCIÓN DE APRENDIZAXE SERVIZO
En TUI celebrouse o 3º MERCADILLO SOLIDARIO onde trocamos libros por ALIMENTOS.
Moitas editoriais participaronn na campaña de recollida de libros: OQO, KALANDRAKA, XERAIS, ANAYA, IR INDO, GALAXIA
A cidadanía tamén participou entregando libros na RADIO MUNICIPAL
 O alumnado ofreceu ideas para a realización da publicidade que daba inicio á campaña de recollida de libros para trocar por alimentos:









Tamén catalogaron, inventariaron e comprobaron o estado dos libros:







Cada libro leva un selo conmemorativo para que a cidadanía SEMPRE o lembrase.


Moita ilusión por recoller alimentos!





Xuntamos 300 kgs. de alimentos que entregamos aos SERVIZOS SOCIAIS do CONCELLO.

Ese mesmo día quixemos continuar dando vida ás prendas de vestir e realizamos o terceiro mercadillo solidario de roupa.



Sabedes que foi moi fermoso contemplar a outra vida das prendas de vestir?
Vos explicamos: as persoas que vedes nas fotografías de abaixo  levan prendas que trocaron por alimentos nos mercadillos anteriores.
A solidariedade fai posible que todos compartamos.