martes, 2 de marzo de 2021

CINE DE ANIMACIÓN NO CAMIÑO

 


O cine fai camiño nos nosos corazóns e nos nosos pensamentos pois "o cine nos mira".

A editorial OQO ten unha escolma de contos do camiño en cine de animación.

Tesouros para apreixar sempre e para disfrutar do cine en familia.

Os títulos son:

A bruxa regañadentes, A grande viaxe, A increíble historia da nena paxaro, A pota que trota, A princesa do caurel, A tartaruga que quería durmir, A viaxe das bolboretas, Chocolata, Corre, corre cabaciña, Lobo feroz, Míster corvo, Os sete cabritos, Pedra, pau e palla, Rato Tom e rata Tomasa, Sal e azucre, Tres desexos, Tres osos, Un gato na árbore.

CONTOS DO CAMIÑO

Agora a disfrutar do bó cine de animación e adaptado aos intereses e características de atención dos máis cativos e cativas.