jueves, 11 de marzo de 2021

BENESTAR EMOCIONAL: PROPOSTAS DE INTERVENCIÓN

 

Nestes momentos o benestar emocional está sendo unha prioridade e debe formar parte de tempos educativos en cada aula. 
Dende hai anos esta necesidade era xa unha necesidade. No ano 1995, Daniel Goleman afirmaba que era necesario integrar nos procesos de ensinanza e aprendizaxe tempo e espazos para o desenvolvemento de habilidades e actitudes para facer posible a consciencia emocional, o autocoñecemento, o autocontrol, a empatía, a resiliencia, a necesidade de aprender a escoitar, a expresar, resolver conflictos ...
Dende aquela moito se ten avanzado pero segue sendo un ámbito que non é considerado prioritario en moitas aulas e contextos familiares. Un Informe da UNESCO da Comisión Internacional sobre a Educación para o Século XXI, A educación encerra un tesouro, expoñía que para que a educación logre o propósito de facilitar o pleno desenvolvemento integral da persoa debe atender catro piares: aprender a coñecer, aprender a facer, aprender a convivir e aprender a ser. Os dous últimos piares remítennos ás intelixencias interpersoal e intrapersonal de Howard Gardner, nas que se fundamenta o construto da intelixencia emocional. A comunidade científica sostén que a educación emocional (para o desenvolvemento da intelixencia emocional) é de gran relevancia para o crecemento integral de nenos e nenas e de mozos e mozas, pois actúa preventivamente ante posibles problemas no seu desenvolvemento persoal e social.
Rafael Bisquerra, catedrático da Universitat de Barcelona establece: “Concibimos a educación emocional como un proceso educativo, continuo e permanente, que pretende potenciar o desenvolvemento das competencias emocionais como elemento esencial do desenvolvemento integral da persoa, co obxectivo de capacitala para a vida. Todo iso ten como finalidade aumentar o benestar persoal e social”. 
Por todo o anterior o benestar emocional vai permitir que sexamos máis poersoas, con máis capacidades, con máis habilidades para unha vida e sociedade cambiante, incerta, sorprendente etc.
O que aparece a continuación é un resumo do PLAN DE BENESTAR EMOCIONAL e coa proposta de INTERVENCIÓN deseñada polas consellería de Educación nas derradeiras semanas.

Referencia

Plan de Benestar Emocional (Consellería de Educación)

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/benestar_emocional_2021.pdf

Outras aportacións sobre a temática

Publicación (edu.xunta.es) "Medrando Sans: de sentimento en sentimento, de emoción en emoción

Intelixencias Múltiples, Gardner

Intelixencia emocional, Goleman

Alfabetización Emocional, C. Loureiro

Educación Emocional y bienestar, Bisquerra

Visión novedosa do centro educativo

Axente educativo principal como centro, como Comunidade Educativa

Concepto

Benestar Emocional

O benestar emocional fai referencia non solo coa experiencia subxectiva de sentirse ben, en harmonía e con tranquilidade senón tamén coa experiencia persoal de satisfacción por ser quen de afrontar dificultades e superar de xeito positivo ou adaptativo as contrariedades que se presentan na vida cotiá.

Concepto OMS

Estado de ánimo no cal a persoa dase conta das súas propias aptitudes, pode afrontar as presións normais da vida, pode traballar de xeito máis produtivo e pode facer unha contribución á comunidade.

Ámbitos conformadores do benestar emocional

-Resiliencia (capacidade para afrontar adversidades, construír sobre elas e adaptarse)

-Desenvolvemento das Competencias emocionais: conciencia emocional, regulación emocional (emoción-cognición-comportamento), autonomía persoal (de características e elementos relacionados coa autoxestión persoal como a autoestima, actitude positiva diante da vida, responsabilidade, capacidade para analizar criticamente as normas sociais, capacidade para buscar axuda e recursos, así como a autoeficacia emocional, intelixencia interpersoal...), competencia emocional (capacidade para manter boas relacións con outras persoas. Isto implica dominar habilidades sociais, comunicación efectiva, respecto, actitudes prosociais, asertividade...), habilidades  de vida e de benestar

-O desenvolvemento da autoestima, desde o marco da educación ética

Influencias do Benestar Emocional

-Contornas vulnerables familiares

-Dinámicas disfuncionais dos adultos de referencia

Benestar Emocional en tempo de catástrofe global (pandemia, covid)

-Incerteza na duración

-Modificacións de dinámicas relacionais co confinamento

-Vivencia dos dós diferente

-Apoio social inferior

-Estrés acumulativo

-Ameaza invisible

Consecuencias

Trastornos asociados

-Impacto na saúde

-Maior vulnerabilidade ao estrés

-Maior risco de estrés postraumático

-Alteracións da conducta

Fases Intervención

1-Detección e acompañamento

2-Fortalecemento da resiliencia e da Competencia emocional

3-Consolidación

 

Fase 1: detección e acompañamiento

Obxectivo: detectar situacións de malestar, ansiedade, sufrimento

Accións: acompañamento e apoio a través de REDES DE APOIO (profesorado, alumnado, familias), establecer ESPAZOS e TEMPOS VIRTUAIS para compartir emocións

Rede de apoio profesorado

-Acompañamento entre iguais

-Parellas de reforzo

-Docencia compartida

-Apoio específico do Departamento de Orientación

 

 

Decálogo de preguntas para  as persoas docentes para pensar e transformar

1-Como nos sentimos e que aprendemos?

2-O clima de convivencia positiva creado previamente no centro resultou útil?

3-O traballo previo realizado para o desenvolvemento das competencias para convivir resultou de proveito?

5-As experiencias previas en relación ás situacións que alteran a convivencia e a resolución de conflictos resultaron útiles?

6-Como analizamos e valoramos a relación familia-escola?

7-Serviron como apoio e axuda a coordinación e colaboración entre os diferentes membros da Comunidade Educativa?

8-Serviron como apoio  e axuda a colaboración co contorno?

9-Como analizamos a nosa labor docente?

10-Como analizamos o acceso ao currículo do alumnado e a metodoloxía empregada?

11-Como optimizamos recursos, espazos e tempos?

Debemos aprender a ...

-Observar

-Escoitar

-Esperar

-Expresar o que sentimos

-Compartir para comprender e responsabilizarnos

Xa que convivir coas emocións fortalécenos e axúdanos a medrar favorecendo a autonomía e a solidariedade.

Como nos sentimos?

Que aprendemos?

-Conciencia emocional: como nos sentimos?

-Regulación emocional: que facemos coa emoción para que sexa adaptativa?

-Autonomía persoal: somos quen de ...?

-Competencia social: como nos relacionamos cos demais?

-Competencias para a vida e o benestar: como afrontamosos desafíos e as situacións excepcionais?

-Organizando tempos e espazos para a escoita a toda a Comunidade Educativa (expresar emocións, acompañar, impulsar cooperación)

-Construíndo Redes afectivas (profesorado, familias, alumnado)

-Reorganización de dinámicas de traballo tendo en conta os diferentes escenarios

-Establecemento de rutinas, espazos e tempos, estratexias para a organización do día a día anticipando cambios

-Reforzar a autonomía na expresión e vivencia emocional

Prevención

-Prevención Primaria: Comunidade Educativa e Escola Inclusiva

-Prevención Secundaria: Alumnado en risco e Atención á Diversidade

-Prevención Terciaria: Enfoque Sociocomunitario en caso de confinamento

Responsables: Profesorado, titoras-es, DO-EOE, Servizos Sociosanitarios, Familias

Que debe observar o profesorado na aula?

-Incerteza: reaccións demesuradas

-Angustia:inquietude, desacougo, síntomas corporais, intraquilidade ...

-Desesperanza:tristeza, ansiedade, insomnio ...

-Enfrontamento:transgresión, irritabilidade, violencia ...

-Perdas:achegados,  perda traballo, perda vivenda, perdas colectivas ...

-Nivel desenvolvemento curricular actual

-Cohesión de grupo actual

-Procesos de autoavaliación

-Barreiras que dificultan o acceso ás aprendizaxes  

Como acompañar?

-Calma e tacto

-Acompañamento presencial

-Axudar a comprender

-Empatía

-Escoita activa

-Reforzar a resiliencia ...

Para que as entrevistas coas familias?

-Interesarse como se atopa o alumno-a e os membros da familia

-Coñecer as necesidades do ámbito familiar: saúde, laborais, económicas, tecnolóxicas, conexións, organización familiar, situacións de teletraballo,

-Coñecer o desenvolvemento do proceso ensino e aprendizaxe

-Motivación e disponibilidade para o estudio

-Coñecer o estado anímico e emocional

-Fortalezas adquiridas na situación COVID

-Dificultades e barreiras xurdidas

-Valoración do que fixo o centro

-Propostas de mellora

Propostas Didácticas

CONECTA

RESPECTA

REGULA

VIVE

 

CONECTA

Comunicación, escoita, identificación de emocións

Recursos e/ou accións:

-Mochila de recordos

-Baleirando petos

-Detective  de emocións

-Orellas de elefante

-Superpoder

-Poder da música

RESPECTA

Tomar conciencia cambios, hábitos, RRSS

Recursos e/ou accións:

-Tocarnos por mirarnos

-Bicos de lapis

-En equipo máis fortes

-Planeta perfecto

-Fábula forum

REGULA

Regulación emocional, afrontar conflictos, tolerar ás frustracións, evitar estrés

Recursos e/ou accións:

-A caixa de urxencias emocional

-Un paseo relaxante

-Tece palabras

-Faltoume o que tiña ou non?

-A cesta máxica

-Bandeiras do Himalaia

VIVE

Fomentar actitudes positivas, sentimentos de gratitude, solidariedade, recoñecer o esforzo, xerar beneficio común

Recurso e/ou accións

-Pechando os ollos

-Adiviña quen

-Cada ovella coa súa parella

-Tempo compartido

-Olimpo

-Receita de felicidade

Fase 2: Fortalecemento da Resiliciencia e da Competencia Emocional na Comunidade Educativa

-Formación para a comunidade educativa: benestar emocional, inclusión e convivencia

-Colaboración

-Convivencia

-Valor das Redes

-Diferentes escenarios lectivos

Fase 3:

 Consolidación

Consolidación