O Calendario Competencial deste ano 2020 leva unha adicatoria especial ás MESTRAS DE SEMPRE. En xaneiro visibilizamos á JOSEFA POZA MOURIÑO do Concello de As Neves.
As aprendizaxes que se realizan en familia e dentro da
contorna social, cultural e natural son moito máis significativas e duradeiras.
Este calendario “COMPETENTE” ten a finalidade de facer posible o principio da EDUCACIÓN COMO TAREFA COMPARTIDA, EDUCACIÓN
COMO COMPROMISO.
Non é novo que a educación debe sustentarse en tres piares fundamentais: A FAMILIA, A ESCOLA e a SOCIEDADE.
Coas transformacións sociais actuais urxe dotar ás familias de estratexias
para o desenvolvemento de competencias básicas na contorna social, cultural e
familiar.
Deste xeito
as familias serán co-partícipes activas do proceso educativo dos fillos e das fillas.
E o esforzo compartido que se preconiza dende a LOE 2/2006
e a LOMCE 8/2013 será unha realidade
A finalidade será dinamizar aprendizaxes
básicas para a vida dende enfoques competenciais.
Por outra parte, o medio social, natural, cultural é o mellor recurso
curricular para aprender, para pensar, para pescudar, …
Dende hai uns anos resulta prescriptivo
integrar no currículo COMPETENCIAS CLAVE para poder desenvolverse de forma eficaz, exitosa na
sociedade actual e futura.
O seu desenvolvemento debe iniciarse dende o comezo da
escolarización para que a súa adquisición se realice de forma progresiva e coherente. Serán o referente para a práctica
educativa e o paradigma educacional debe ser o de aprender a aprender e aprender
facendo.
No calendario aparecen propostas de aprendizaxe colaborativo lecer con andainas, buscas
do tesouro , de educación ambiental con reciclado, consumo
responsable de luz e auga, suxerencias de lectura e cine, pautas para o desenvolvemento exitoso da fala e da linguaxe, a atención, a percepción, educación
para a saúde con creación de menús saudables, corresponsabilidade no fogar, valores,
percepción e discriminación visual e auditiva,...
Dende o proceso de e-a poderase contribuír a mellorar
esta competencia sempre que se permita imaxinar, emprender accións, desenvolver
proxectos individuais ou colectivos con creatividade, confianza e
responsabilidade. O paradigma educacional
sobre a forma de aprender e de ensinar non se debe a acumulación de coñecementos, senón o
desenvolvemento das posibilidades que posúe calquera das nosas alumnas e
alumnos mediante fórmulas «de saber» e «de facer»
contextualizadas á vida cotiá.
O noso desexo é que este calendario favoreza o desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual de fillos e fillas, pais e nais e demáis membros da
familia dun xeito divertido, comprometido e en familia xa que ofrece estratexias para mellorar a atención, a memoria, a iniciativa, a autonomía, a escoita activa, o pensamento reflexivo e deliberativo, a posibilidade de resolver situacións, de falar máis e mellor, de compartir, etc.
É un dereito de fillas e fillos que os seus proxenitores ou titores-as legais se impliquen e comprometan na súa educación e é un dereito das familias que dende os centros educativos posibilitemos ferramentas, estratexias ou actuacións para poder implicarse e compartir esa educación.
Iniciamos o mes de xaneiro de 2020 e temos propostas para desenvolver no fogar cos fillos e fillas de E. Infantil:
-planificar actividades de lecer en familia
-realizar unha axenda cos números de tfno. de familiares e amigos
identificar obxectos da cociña, o seu nome e utilidade
-ver fotografías de familiares identificando os seus membros e asociando nome e parentesco
-fotografar agasallos recibidos o día de Reis
-buscar en familia fotos de mulleres que recibiron o Premio Nóbel da Paz
-crear cuñas publicitarias sobre libros ou recetas de cociña
-poñer a mesa e ordenar o cuarto,...
Estas actividades promoverán que sexan cada vez máis competentes, que teñan cada vez máis autonomía, que se perciban máis útiles e con máis iniciativa, que sexan máis reflexivos e críticos,...
Aproveitade as posibilidades das propostas deste calendario
Para os nenos e nenas de E. Primaria tamén temos actividades para realizar en familia. No contexto familiar se educa e se aprende. Non desaproveitemos as oportunidades de aprender xuntos!
Algunha proposta é:
-elaborar unha lista coas normas de xogos das damas, xadrez ou sudokus
-fotografar plantas que hai na casa, na leira identificando o seu nome
-elaborar unha lista da compra para facer unha torta de mazá ou améndoa
-cociñar en familia pan de noces
-gravar a receita
-tempo de ler en familia
-crear podcast de cine, literatura ou alimentación saudable