miércoles, 12 de septiembre de 2018

CALENDARIO COMPETENCIAL MES DE SETEMBRO


O CALENDARIO COMPETENCIAL DE SETEMBRO 2018 pretende axudar a desenvolver a competencia lingüística e tamén a intelixencia Lingüística verbal, a competencia matemática e competencia en ciencias e tecnoloxía xunto coa intelixencia lóxica-matemática,  dinamiza o aprender a aprender, estimula habilidades para ter iniciativa, etc.
Amáis visibiliza a necesidade de conversar, argumentar, reflexionar, valorar, interpretar, estimar,...
Coas propostas farase posible que existan situacións de aprendizaxes ricas, dinámicas, creativas, contextualizadas a modo de paisaxes de aprendizaxe.
Ten como temática de igualdade a visibilización das MULLERES  no eido da LITERATURA.
Existen propostas de lectura e de cine para nenas e nenos de E. Infantil e de E. PRIMARIA e para as familias.
Familias, desexamos que teñades nenos e nenas competentes!