Xa estamos cun novo curso iniciado e queremos facer fincapé na importancia do desenvolvemento emocional no alumnado e que vai determinar un tanto por cento elevado do éxito escolar.
As derradeiras investigacións en neurociencia descubren que a EMOCIÓN e APRENDIZAXE constitúen un binomio indisoluble. O doutor en Neurociencia FRANCISCO MORA afirma que sólo se pode aprender aquilo que se ama e asegura que solo pode ser aprendido aquilo que xera emoción.
Por outra parte, o alumnado debe coñecerse e saber que lle gusta, que lle alegra ou que cousas o poñen tristes ou enfadados. A partir de ter unha boa consciencia emocional podemos os seres humanos ter estratexias para controlar esas emocións.
Entre todos temos que facer posible o descubrimento desas emocións e ese autocontrol que levaría ao alumnado a pensar antes de ser agresivo, pensar antes de berrar, pensar e controlarse antes de desobedecer,...
É posible adquirir habilidades emocionais dende a infancia pois a mellora das competencias emocionais e sociais contribúe á prevención de certos comportamentos disruptivos, agresivos, intolerantes,...