Xa estamos cun novo curso iniciado e queremos facer fincapé na importancia do desenvolvemento emocional no alumnado e que vai determinar un tanto por cento elevado do éxito escolar.
As derradeiras investigacións en neurociencia descubren que a EMOCIÓN e APRENDIZAXE constitúen un binomio indisoluble. O doutor en Neurociencia FRANCISCO MORA afirma que sólo se pode aprender aquilo que se ama e asegura que solo pode ser aprendido aquilo que xera emoción.
Por outra parte, o alumnado debe coñecerse e saber que lle gusta, que lle alegra ou que cousas o poñen tristes ou enfadados. A partir de ter unha boa consciencia emocional podemos os seres humanos ter estratexias para controlar esas emocións.
Entre todos temos que facer posible o descubrimento desas emocións e ese autocontrol que levaría ao alumnado a pensar antes de ser agresivo, pensar antes de berrar, pensar e controlarse antes de desobedecer,...
É posible adquirir habilidades emocionais dende a infancia pois a mellora das competencias emocionais e sociais contribúe á prevención de certos comportamentos disruptivos, agresivos, intolerantes,...
Mostrando entradas con la etiqueta regulación e control emocional. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta regulación e control emocional. Mostrar todas las entradas
jueves, 10 de septiembre de 2015
viernes, 14 de febrero de 2014
CITAS PARA A REFLEXIÓN EDUCATIVA

"Cada persoa busca a felicidade dunha maneira distinta e por diferentes medios e así fabrica distintas formas de vivir". (Aristóteles)
A felicidade acádase cunha forte dose de INTELIXENCIA EMOCIONAL (Goleman, 1995).
Algunhas pistas para a consecución:
A felicidade acádase cunha forte dose de INTELIXENCIA EMOCIONAL (Goleman, 1995).
Algunhas pistas para a consecución:
- A consciencia emocional para saber o que sentimos, que pensamos, para saber expresar emocións,...
- A regulación emocional para poder ser conscientes da emoción vivida e de saber e querer controlar a impulsividade.
- A autoestima que permite querenos a nós mesmos porque somos seres únicos, especiais e irrepetibles.
- Cultivar o optimismo
- Expresar a gratitude
- practicar a amabilidade
- vivir o respecto
- crear un clima de afectividade e seguridade
Etiquetas:
acompáñame,
afectividade,
amabilidade,
autoestima,
consciencia emocional,
felicidade,
optimismo,
optimista,
reflexión crítica,
regulación e control emocional,
seguridade
Suscribirse a:
Entradas (Atom)