miércoles, 24 de septiembre de 2014

XA IMOS DE FALADOIRO!

O venres día 26 de setembro, na aula de PONTE INTERNACIONAL teremos a primeira sesión de ACOMPÁÑAME A APRENDER deste curso 2014-15.

Coas persoas expertas de ALOHA MENTAL ARITHMETIC disertaremos sobre a importancia que ten para o éxito educativo e para o éxito na vida da capacidade de concentración e atención, a creatividade e capacidade de visualización, a capacidade de escoita e de desenvolver a habilidade para a observación, a memoria fotográfica e a orientación espacial, a autoconfianza ou as habilidades analíticas.

Animádevos a participar cos vosos fillos e fillas que estarán con profesorado expert na temática facendo unha demostración.

Agardamos por vós!