domingo, 7 de septiembre de 2014

FAMILIAS, BENVIDAS E BENVIDOS AO CURSO 2014-15

Seguimos coa nosa andaina de posibilidades.
Un novo curso se inicia e con el moitas ilusións por compartir.
Temos moitas metas por diante: incrementar o hábito lector, incrementar a atención ou a memoria, dinamizar estratexias para acadar o éxito escolar xa dende a EDUCACIÓN INFANTIL.
A través das comunidades de aprendizaxe de familias e profesorado faremos posible a creación de guías de aprendizaxe, de lectura, de visionado de películas,...desenvolveremos roteiros pola contorna natural e cultural.
Este ano o centro escolar terá un eixo dinamizador e motivador: A AUGA NA NOSA CONTORNA: UN TESOURO POR DESCUBRIR.
Consellos para os días previos ao comezo do curso lectivo:
-establecer un horario de sono similar ao que se vai levar ao longo do curso
-erguer aos nenos e nenas con tempo para que almorcen e para que empecen o día con tranquilidade, sen agobios e presas.
-non usedes ao cole como elemento de castigo
-non asustedes ao alumnado co profesorado
-falade do colexio con optimismo e facede del un lugar marabilloso
-retirade os cueiros, chupetes e biberóns
-o alumnado debe ser partícipe da preparación para o colexio: mercar material, ter a mochila preparada, gardar o almorzo de media mañán, por o nome aos obxectos persoais, ...

O día 10 xa está aquí!