ACOMPÁÑAME A APRENDER!
Venres día 9 na aula de Baldráns, ás 18,30 horas temos UN FALADOIRO COMPETENTE.
Un mes máis acompañamos ás FAMILIAS e a CIDADANÍA a aprender.
Nesta ocasión temos a sorte de contar cunha PEDAGOGA de RENOME que fala dende a práctica, dende o coñecemento do alumnado. Esta persoa é MARGARITA VIÑAS NEIRA (foi directora do COLEXIO MARTÍN CÓDAX ata a súa xubilación). É unha gran experta en educación e baixo un prisma diferente: atender ás necesidades do alumnado, promover o interese, o entusiasmo por aprender a través dun folleto, dun álbum de cromos, dun xoguete, dun xornal,...
Ás veces afirmar que o alumnado non ten atención pode enmascarar outras moitas situacións: non sabemos motivar, non sabemos crear o interese, os contidos non están ben secuenciados, non damos voz ao alumnado, non especificamos ben o que queremos que aprendan,...
TATÁ (como é coñecida no eido educativo) é unha CAIXA DE SORPRESAS.
Algunha das cuestións relevantes que MARGARITA VIÑAS estivo a a disertar coas familias son:
-cada criatura ten o seu propio ritmo de desenvolvemento e os adultos temos que estar aí: amosando o camiño, dando estratexias para que eses ritmos sigan camiñando de forma existosa, favorecendo e creando situacións de aprendizaxe na contorna familiar que pouco a pouco irán formando parte do seu universo relacional e conductual: recoller os xoguetes, por a mesa, recoller a roupa no seu cuarto,...
Por outro lado, insistiu MOITO en que debemos DAR ESES TEMPOS para que todo se vaia acoplando, "andamiando" . A premisa é que cada SER HUMANO é DIFERENTE, cada neno ou nena son diferentes e non podemos comparar. O profesorado debe ter isto presente e non serve o de "café para todos" pois este café pode ser:
-con leite
-amaericano
-manchado,...
Os ingredientes do éxito educativo, do éxito para a vida deben desenvolverse dende a infancia pero atendendo á DIVERSIDADE DE INTERESES, MOTIVACIÓNS, CAPACIDADES, HABILIDADES,...
A atención. a memoria, a percepción, o razonamento,... deben ir traballándose pero sen "agobiarse".
É certo que moitos nenos teñen moita memoria, moita atención pero outros precisan máis tempo para desenvolver estes procesos cognitivos.
Debemos ser constantes, perseverantes, consecuentes,... e MOITO SENTIDO COMÚN.
DEMOS TEMPOS!
DEMOS ESPAZOS!
DEMOS SORRISOS!