É o día das nosas letras, pero sempre é o día das nosas letras en galego.Galego para falar, galego para sentir, galego para amar, galego para comunicar, galego para bailar,..
Pero o galego tamén serve para pensar, razoar, discriminar, escoitar, comprender.
Este ano adícase ao poeta XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO:
Xosé María Díaz Castro (1914-1990) é autor de Nimbos (1961) considerada un dos cumes da poesía galega moderna, e que contén o poema "Penélope" xustamente celebrado pola súa beleza e fonda reflexión sobre Galicia e o seu fado histórico. É o creador dunha obra singular e de aparición serodia que destaca polo seu virtuosismo técnico.
Membro, xunto con Leiras Pulpeiro, Noriega Varela, Álvaro Cunqueiro e Iglesia Alvariño entre outros, da chamada "escola mindoniense", Díaz Castro mantivo ao longo de toda a súa vida, e malia súa condición de funcionario residente en Madrid, un fondo compromiso coa cultura galega do seu tempo.
Queremos compartir unn fermoso poema adicado a unha herbiña, á herba do campo: ESMERALDA cheo de fondo sentimento de pertenza á terra, á súa terra.Membro, xunto con Leiras Pulpeiro, Noriega Varela, Álvaro Cunqueiro e Iglesia Alvariño entre outros, da chamada "escola mindoniense", Díaz Castro mantivo ao longo de toda a súa vida, e malia súa condición de funcionario residente en Madrid, un fondo compromiso coa cultura galega do seu tempo.
A súa obra está vencellada a Galiza e está preñada de beleza, de sensibilidade.Ten un aprezo pola vida sinxela, auténtico, sinceiro, amando cada terrón, cada folla, cada río ou regato,...
ESMERALDA
Herba pequerrechiña
que con medo surrís
ó sol que vai nacendo
e morrendo sen ti,
¿por qué de ser pequena
te me avergonzas ti?
o universo sería
máis pequeno sin ti.
Premede nos seguintes enlaces para coñecer diferentes materiais relacionados co poeta e a súa obra:https://www.youtube.com/watch?v=kQKUCvjHpTE#t=25
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/