Hoxe 15 de maio celébrase o Día Internacional da Familia. Dende o centro queremos significar a importancia das familias na vida dos seres humanos.
Convidámosvos a ler cos vosos fillos a historia de DANIELA KULOT titulada UNHA FAMILIA NORMAL que trata dunha parella que como tantas outras parellas que se queren, tiveron fillos: Croquila,
unha cría de crocodrilo, e Rafolo, un bebé xirafa. Xuntos, forman unha
familia normal e corrente.Pero unha familia un pouco especial...
LAZOS BIOLÓXICOS:
Na actualidade o cotián do termo familia, e o seu uso habitual e frecuente, dificultan a análise polisémica do mesmo.
Hoxe en día e debido aos procesos e cambios sociais podemos atoparnos con diferentes tipos de familia e asi temos:
- Familia extensa: padres, madres, abuelos, tíos…
- Familia nuclear: padre, madre e hijos/as biológicos.
- Familias monoparentais.
- Familias homoparentais.
- Parellas de feito o cohabitación
- Familias reconstituidas ou ensambladas.
Se temos en conta a procedencia dos sus membros, podemos distinguir os seguentes tipos de familias:
- Familias biolóxicas
- Familias adoptivas e acolledoras
- Familias inmigradas
O substantivo familia, de orixe latina, deriva do termo <famulus>
que ten a acepción de servidor, pero non era utilizado con esa
significación senón como o conxunto de escravos e servidores que vivían
nunha casa. Máis tarde designaba a tódalas persoas que vivían baixo o
mesmo teito: señor e muller, fillos e criados baixo a dominación do
señor. Por extensión serven tamén para designar ós parentes paternos
<agnati> e parentes maternos, <cognati> e convértense en
sinónimos de <geus> que significa descendentes dun antepasado, ou
parentes consanguíneos.
Outra división interesante e que pon de manifesto que as familias poden
ser por vínculos biolóxicos ou tamén por outro tipo de vínculos como
coidado, acollemento, sentimentos, etc. está referenciada abaixo:
LAZOS BIOLÓXICOS:
-Nuclear: formada polo pai, nai (ou do mesmo sexo) e os fillos, adoptados ou biolóxicos.
-Extensa:
formada polos pais e nais (ou do mesmo sexo) e mailos netos e parellas
dos fillos. Ademais existe a posibilidade de convivencia de parentes
solteiros ou avós e avoas. Aquí existe unha gran riqueza
interxeracional.
- Orixe: familia na que se nace e da que se procede.
- De procreación: familia constituída coa parella e os fillos.
VÍNCULOS FAMILIARES:
-Familia educadora: familia que coida e educa a membros doutra familia.
- -Familia adoptiva: familia que ten ós seus fillos a través da adopción ou o acollemento.
ESTRUCTURA:
-Nuclear intacta: parella con fillos.
ESTRUCTURA:
-Nuclear intacta: parella con fillos.
--Horizontal ou reconstituída: a que se refire a novas relacións logo de separación, viuvez ou separación.
--Monoparental: nai ou pai cos fillos. Existen algunhas problemáticas asociadas
a este tipo pois polo desempeño de dous roles e a compatibilización de
traballo no fogar e fóra del (sobre todo para as mulleres).
-Pluriparental:
formada pola unión de unha ou dúas persoas divorciadas ou separadas ás
que se engaden os fillos das anteriores unións e os das actuais. Os
problemas asociados estarían na complexidade de relacións das redes de
parentesco e na ambigüedade dos novos papeis.
-Persoa soa:
persiguen a mellora persoal e profesional pero esta decisión pode ser
por elección ou por circunstancias. Existen persoas soas que pasaron
anteriormente por situacións de divorcio, separación, viuvez, etc.
-Homosexual:
falta uns dos modelos parentais, esixe unha maior tolerancia e
aceptación social e resulta preciso a implantación de medidas
lexislativas para a súa regulación.
-De Feito: vínculos afectivos pero non legais. A decisión é tomada por ideoloxía,
por cuestións económicas ou sociais. É posible que regularicen a súa
situación ou non, é decisión e convicción persoal.
-Sen fillos: resulta
dunha decisión persoal (pois aínda que exista unha imposibilidade de
tipo biolóxico existen outras vías) motivada polo feito de ter maior
liberdade, mellor promoción persoal e profesional da parella e maiores
oportunidades sociais.
Fagamos unha introspección e descubramos o valor da nosa familia. Como nos relacionamos? Como nos falamos? Como nos comunicamos? Como nos queremos? Como demostramos os nosos afectos?
Fagamos unha introspección e descubramos o valor da nosa familia. Como nos relacionamos? Como nos falamos? Como nos comunicamos? Como nos queremos? Como demostramos os nosos afectos?