martes, 1 de abril de 2014

VIVINDO AS CONMEMORACIÓNS: día da muller, semana da prensa, consumo responsable de auga, día mundial da auga, día da árbore

O mes de marzo remata e con el moitas aprendizaxes desenvoltas:

- 8 de marzo, día das MULLERES: moitas alumnas e alumnos fixeron unha homenaxe ás AVOAS polas súas apertas, polas súas caricias, polos seus bicos, polos seus manxares na cociña, ....







-11-15 marzo, semana da PRENSA: que de novas redactaron!, que de pasatempos deseñaron!, crearon  publicidade!,...o noso XORNAL chámase A EIRA DOS PÍCAROS.





-15 de marzo, día do CONSUMO RESPONSABLE: reflexionaron sobre as prendas de vestir que hai nos armarios sen usar, trouxeron á aula prendas en bo estado para trocalas por alimentos, dobraron, deseñaron etiquetas, colocaron os prezos, deseñaron carteis,....




-día 21 de marzo, día da ÁRBORE: prantas na aula, hortas escolares, prantación de árbores, coidados nas árbores prantadas o curso anterior, textos sobre as árbores, historias, árbores na pintura (MONDRIAN, KLIMT, )...








-día 22 de marzo, día mundial da AUGA:buscamos auga na pintura (X.L. DE DIOS, HOKUSAI, MONET, HIROSHIGE, RENOIR, SEOANE, SOROLLA, DALÍ, COLMEIRO, MASIDE,...), atopamos auga nos regatos da zona, ...











Visitamos un muiño no río TRIPES, o muiño da DEVESA DE ABAIXO
















Como vedes o mes deu para estas aprendizaxes e para moitas máis: medir, clasificar, comparar, tomar decisións, inventar, crear, escribir, contar, escoitar, esperar,...