miércoles, 23 de abril de 2014

ACOMPÁÑANOS a limpar as ribeiras do río Furnia en Pexegueiro (VOZ NATURA)




Cidadanía, familias
No mes de maio desenvolveremos unha acción medioambiental responsable.
A data será o día 18 de maio ás 10 horas.
Colaborarán co centro A CASA CULTURAL E A COMUNIDADE DE MONTES DE PEXEGUEIRO .
Desexamos que os nosos nenos e nenas se convirtan en guardiáns deste fermoso río chamado FURNIA que desemboca no río MIÑO e para acadalo debemos crear neles valores de sostibilidade, de conservación e respecto polas contornas naturais. percorre parroquias do concello de TUI como Malvas e Pexegueiro.
A fin de curso realizaremos unha muiñada nesta zona convidando a alumnos e alumnas doutras aulas e, por ese motivo, as ribeiras deben estar limpas.

Estamos a construir cidadanía activa.
Acompáñanos a limpar a contorna do río!