O XOGO COMO ESTRATEXIA NA ATENCIÓN TEMPERÁ (J. SURÍA MÁRQUEZ)
LUGAR: AULA DE BALDRÁNS, 29 MARZO 19 HORAS
LUGAR: AULA DE BALDRÁNS, 29 MARZO 19 HORAS
A importancia do xogo e dos xoguetes está en que permiten o desenvolvemento físico, mental, social e emocional de cada neno ou nena.
Suprimir o xogo e os xoguetes na infancia ten consecuencias graves para o seu desenvolvemento COGNITIVO, AFECTIVO E EMOCIONAL e para o seu comportamento na idade adulta.
Os xoguetes estimulan a comunicación en tanto en canto a que serven para a evolución social, individual e social.
Xogar con xoguetes é un medio imprescindible para promover e favorecer a educación das emocións, dos afectos (cando expresa emocións e sentimentos) a fantasía, creatividade, linguaxe, articulación, as relacións, a discriminación visual, desenvolvemento do control corporal, relación no espazo, o xogo simbólico, aprendizaxe de roles, a imaxinación infantil entre outros moitos aspectos.
Existen xoguetes para todas as idades e fases de desenvolvemento das persoas. Favorecen as relacións comunicativas na vida familiar e resulta importante que as nais e pais non deixen solos aos seus fillos e fillas nos momentos do xogo, pois é neses momentos onde exteriorizan a súa impresión do mundo real e da contorna que os rodea. Por iso involucrarse nos seus xogos reforza a relación afectiva entre nais e pais.
Durante o xogo compartido cos adultos e con outras nenas e nenos favorece que aprendan a negociar, consensuar, tomar decisións, ceder e compartir responsabilidades.
Outro aspecto relevante é ensinarlle a gardar os xoguetes despois de usalos e hai que colaborar con eles nesta tarefa. Inventar xogos con eles e amosarlles os nosos xogos favoritos da infancia resulta imprescindible para crear vínculos afectivos con eles.
Co xogo as nenas e nenos asimilan os valores da familia. Amáis os xoguetes promoven que a nena ou neno domine, autorregule e controle a súa conduta, aprenda as regras da sociedade e, en definitiva, acade pouco a pouco o desenvolvemento da autonomía, vontade, autocontrol e sexa quen de expresar os seus sentimentos.
Se precisades máis información premede no seguinte enlace
https://www.dropbox.com/s/fv6zfyx29cr34s8/XOGO%20E%20XOGUETES.docx