O PAPEL DA MEMORIA NO ÉXITO EDUCATIVO:
O éxito educativo confórmase de múltiples ingredientes que deben estar ben asentados e "andamiados":
-socioemocionais: autoimaxe, autocoñecemento, autoestima, forza de vontade, autocontrol, perseverancia, esforzo,...
-cognitivos: percepción, memoria, atención, ...
O ingrediente escollido este mes é A MEMORIA
A memoria é indispensable para que existan aprendizaxes.
Para aprender algo novo debemos percibilo, procesalo, comprendelo e RECORDALO.
Podemos conceptualizar MEMORIA como a persistencia das aprendizaxes a través do tempo mediante o almacenamento e a recuperación da información. É un proceso selectivo pois non se almacena toda a información posible. Existen procesos de REXISTRO, ALMACENAMENTO E RECUPERACIÓN.
PROCESOS DA MEMORIA:
-PROCESO DE REXISTRO-CODIFICACIÓN: a partir da información ambiental prodúcese unha representación mental (captación da información no cerebro mediante extracción do significado). Rexístranse:
.Imáxes (codificación visual)
.Representacións acústicas (codificación auditiva)
.Significados (codificación semántica)
.Motricidade (codificación motriz)
.Linguaxe (codificación verbal)
–PROCESO DE ALMACENAMENTO: retención da información codificada de forma persistente en diferentes “almacéns”:
.MEMORIA SENSORIAL: Rexistro inmediato e inicial da información sensorial.Existe codificación. Memoria icónica-visual, memoria auditiva
.MEMORIA A CURTO PRAZO: memoria de traballo (proceso): Memoria activada que retén alguns elementos e non outros durante un corto periodo de tiempo antes de almacenala ou perdela se non hai repetición. Existe codificación e almacenamento.
.MEMORIA A LONGO PRAZO: Almacenamento relativamente permanente e ilimitado do sistema. Almacénase gran cantidade de información e durante un período de tempo máis longo. É sensible a interferencias. Existe almacenamento e recuperación.
Dentro desta memoria identificamos algunas memorias entre as que atopamos: EXPLÍCITA-DECLARATIVA: memoria EPISÓDICA (almacena información de experiencias persoais), SEMÁNTICA (almacenamento de coñecementos en xeral), IMPLÍCITA-NON DECLARATIVA : memoria PROCEDEMENTAL (é a memoria dos entes físicos, de como se fan as cousas, habilidades), memoria PERCEPTUAL e REPRESENTACIONAL.
–PROCESO DE RECUPERACIÓN: obtención da información a partir do almacenamento de recordos nos diferentes “almacéns” (sensorial, a corto prazo, a longo prazo). Podemos distinguir o RECOÑECEMENTO (emparella unha información con outra xa almacenada) e o RECORDO (traer á conciencia o almacenado).
Na memoria entran en funcionamento o lobo temporal, córtex temporal, prefontal, asociativo, cerebelo, ganglios da base, músculos esqueléticos.
Algunhas estratexias para a mellora da memoria visual e auditiva no contexto familiar poden ser:
-recordar as principais personaxes dun conto
-lembrar as accións que desenvolven na trama dun conto ou película as personaxes
-enumerar os alimentos que se tomaron no almorzo, no xantar, na merenda,...
-nomear as prendas de vestir que levamos o día anterior e as cores
-lembrar a historia dos debuxos animados que se visionaron pola tarde
-recordar o que se fixo a fin de semana
-mostrar unha páxina dun conto ou folleto publicitario durante varios minutos, retirar a páxina e, a continuación, enumerar obxectos
-colocar enriba da mesa 3-4 pezas con formas xeométricas ou obxectos facer que os observe e, a continuación, retiralos debendo colocar de novo os obxectos ou pezas.
-elexir as prendas de vestir para o día seguinte (mamá ou papá agocha algunha) e localizar pola mañán as que faltan.
-redactar a lista da compra e ir buscando a mercancía no supermercado ou tenda sen mirar (cada vez ir recordando máis artigos)
- papá, mamá, avoa,...comunica cousas a realizar (3-10) ou artigos a mercar e as nenas ou nenos deberán ser quen de enumeralos
-recitar adiviñas, cantigas, refráns
-cantar cancións xa aprendidas
-dar recados ás nenas e nenos tendo que realizar accións pola orde dada (vai o baño colle un peine, déixao na bolsa da piscina e trae todo á porta da casa; colle catro servilletas, 3 culleres e 2 vasos para por a mesa...; vai o caixón da mesiña ou da cómoda e colle calcetíns verdes, unha braga azul e unha camiseta branca no armario,...)
-dicir grupos de palabras e que o neno ou nena sexa quen de repetilas (poden ser da mesma familia léxica ou non): casa, can, mesa, medo; clavel, margarida, pampullo, camelia; can, gato, ovella, pito, parrulo,...
Se precisades máis recursos premede aquí (memoria visual)
https://www.dropbox.com/s/h612t652v9yuex4/MEMORIA%20VISUAL.pdf
Se precisades máis recursos premede aquí (memoria visual)
https://www.dropbox.com/s/h612t652v9yuex4/MEMORIA%20VISUAL.pdf