Alguén me falou estes días do traballo que un profesor de Historia está a desenvolver co seu alumndo. ("Vaia sorpresa! Pero se é Manolo!")
Existen moi poucas persoas que poderían xunguir e facer unha simbiose pefecta entre CINE E EDUCACIÓN e, unha delas, é Manuel González (referente en Galicia cando de cine se fala).
Durante uns días mergulleime nel e o principio educativo de "aprender facendo" e "aprender vivenciando" cobra un significado especial neste proxecto.
É bastante habitual, en conversas de docentes, escoitar que o alumnado está desmotivado, non ten interese, non quere aprender,...
Os tempos mudaron e, polo tanto, tamén mudaron as formas de pensar, de procesar información,... O noso alumnado é un alumnado "nativo dixital" ( http://www.marcprensky.com/writing/Prensky-NATIVOS%20E%20INMIGRANTES%20DIGITALES%20(SEK).pdf) polo que esa ferramenta ou recurso poder ser o elemento conductor de aprendizaxes pero empregado de forma creativa, reflexiva, crítica,...Por este motivo, as formas de ensinar deben mudar, deben "re-pensarse", deben "re-crearse".
No noso alumnado existe xa unha "lingua dixital" totamente incorporada á súa vida e este feito é unha realidade. Manexan a hipertextualidade, redes sociais, MTV, videoxogos, dispositivos móbis,...polo que é urxente un troco nos modelos de ensinanza e de aprendizaxe.
O cine pode ser o recurso "máxico" (si hai receitas máxicas en educación) para traballar calquera contido curricular e o recurso motivador e ilusionante para aquel alumnado que non quere aprender.
A literatura, as linguas, a pintura, a escultura,...pode ser descuberta a través do cine.
Un exemplo pode ser o cine de animación de Petrov onde se visibilizan recursos pictóricos de Turner, Goya, Munch, Manet, Velázquez, Van Gogh,...e diversidade de recursos escultóricos.
http://www.youtube.com/watch?v=pa_RoSVFoFM
http://www.youtube.com/watch?v=k8eimDwXAik
http://ibdigital.uib.es/greenstone/collect/memoriesUIB/import/Sousa_Dominguez_Belen.pdf
http://www.youtube.com/watch?v=pa_RoSVFoFM
http://www.youtube.com/watch?v=k8eimDwXAik
http://ibdigital.uib.es/greenstone/collect/memoriesUIB/import/Sousa_Dominguez_Belen.pdf
De igual maneira, a historia do vestiario ao longo da historia pode ser estudiada perfectamente e de forma creativa a través de diferentes films. Outro referente importante é CLIPHISTORIA onde se plasman as posibilidades do ensino da Historia de España, de Galicia, ....a través de olladas cinematográficas. No espazo CLIPHISTORIA as temáticas históricas son: muller, educación. arte, literatura,...
Para saber máis premer no seguinte enlace