Mes de chuvias, mes de treboadas e vento días para imaxinar unha primavera de flores, xogos no bosque, arte divertido ou ricos pasteis con ou sen arroz con leite.
Educación Infantil
Tamén as historias que se propoñen para Educación Primaria pode iniciarse con Dani un mozo que ten unha vida moi pechada no seu mundo con problemas nos estudios ata que algo sucede e a súa vida ponse patas arriba e o seu mundo xira e xira.
En Conexión Macarrón atopamos a Espe e Rino que agardan debaixo dun tobogán a que pare de chover ata que apareceu unha personaxe sinistra vestida de negro, Expósito, cun paraguas que daba voltas ...
E na derradeira proposta Carabela que é a cociñeira dun barco que naufraga nunha illa e esperta rodeada de peixes mutantes tóxicos, paxaros diferentes ... Na Illa Pequena Plástico a desfeita do pouco coidado que temos co medio ambiente preséntase ante os lectores e fará posible unha análise crítica.
Para o alumnado de Secundaria e para as persoas adultas da familia a proposta xira en torno a historia de casualidades que viven Costanza e Mauro. tantos anos agardándose e un encontro imprevisto en Madrid fai que os seus destiños volvan xunguirse.