A lectura e a escritura son
dúas actividades complexas pero necesarias para acceder aos saberes e son
procesos interpretativos a través dos cales constrúense significados; é dicir,
ler e escribir son basicamente actividades coas que construímos e ampliamos o
nosos coñecemento do mundo que nos arrodea.
A escritura pasa por
diferentes etapas e momentos que dependen máis da tipoloxía de secuencias didácticas
e de aprendizaxes que ofrezamos que do estadio evolutivo do alumnado e asi
aparecerán grafismos primitivos e pseudoletras, diferencias cualitativas e
cuantitativas entre letras e números, escrituras sen control de cantidade,
escrituras fixas, escrituras diferenciadas na cantidade, orden, e variedade de
letras, escrituras silábicas, escrituras silábico -alfabéticas, escrituras
alfabéticas y ortográficas.
O mundo que rodea a nenos e
nenas é un mundo gráfico onde ven obxectos reais, e representacións e signos
diversos. A primeira diferenciación que establecerán refírese a distinguir
entre os debuxos, por unha parte, e outros signos gráficos como letras,
números, grafías diversas. En xeral, o alumnado de 4º de E.I. xa estableceu a
diferencia entre debuxar e escribir.
Esixen un proceso cognitivo
de elaboración de hipóteses, de mantemento e de resolución de inferencias. A
lectoescritura ten un carácter marcadamente social e interactivo e constitúe un
proceso global de construcción e interpretación de significados.
Debemos ter en conta que ler
é comprender textos e escribir producir linguaxe escrita. Provocar aprendizaxes
é ampliar as fronteiras do pensamento e a nosa ensinanza non será solo
transmitir informacións senón axudar aos alumnos e alumnas a transformar as
súas ideas pois unha aprendizaxe significativa é aquela que se incorpora a un
pensamento e modifícao para melloralo.
Comprender e producir é
pensar (saber, coñecer), realizar (saber facer), e facelo o mellor posible
(saber ser). Ou, o que é o mesmo, desenvolver competencias en canto son
coñecementos, valores-actitudes e habilidades e destrezas.
Escribir e ler son
actividades para comunicarse. Para expresar ideas, sentimentos, opinións,
sentimentos, fantasías, realidades.
Ambos procesos, a lectura e
a escritura, deben abordarse de maneira global para garantizar o significado.
Ao alumnado debemos
provocarlle as ganas de ler e de escribir e tendo como referente que tarefas
fáciles fanse monótonas e aburridas e excesivamente complexas asustan e inhiben.
Nenos e nenas deben sentirse capaces de abordar con éxito a tarefa proposta. A
medida do éxito a da, especialmente, a resposta dos adultos ante o resultado do
esforzo do neno-a. A motivación require de valoracións positivas e de
estratexias para facelo mellor, para lograr novos retos, provocando o pracer de
pensar, de pescudar, de comparar, de buscar solucións a problemas atopados,
etc. O alumnado precisa modelos a imitar polo que debemos asulagar a aula con
palabras, con frases e as diferentes secuencias didácticas relacionadas coa
lectoescritura deben ter en conta os diferentes tipos de texto que se establecen no currículo (enumerativos,
informativos, literarios, expositivos, prescritivos) e sempre tendo a
posibilidade de comparalos entre sí. Os nomes do alumnado, os nomes dos
obxectos da aula, dos alimentos, dos animais, dos planetas,...deben estar
integrados en listas (textos enumerativos), en receitas (textos
prescritivos-instructivos), en notas,... As nenas e nenos de E.I. non poderán
identificar as características e propiedades dun texto literario dialogado se
non o compara cun texto literario poético ou cun texto informativo.
Cando deseñen menús ou
recetas deberán anteriormente ter a posibilidade de pescudar na biblioteca, en
diferentes restaurantes,...sobre estes tipos de textos para que poidan deseñar
os seus propios menús ou recetas sabendo a súa estructura, a súa disposición, a
súa funcionalidade. Pola contra, se
desexamos que o cartel ou xornal sexan
un recurso informativo deberemos poñer ao alumnado en disposición de poder
analizar este tipo de textos para descubrir a súa funcionalidade e propiedades
para logo deixar que os deseñen e creen. O mesmo acontece co proceso de creación
de notas informativas, carteis, cartas,... que precisan da valoración,
descubrimento da súa utilidade, do encabezamento, dos datos relevantes, da
lonxitude axeitada,...
As
intervencións dos docentes son necesarias para contribuir ao avance da
aprendizaxe do sistema de escritura e da lectura. (Myriam Nemirovsky)