Exercicios fonema /n/, /d/, /z/
Competencia en Comunicación Lingüística:
A
competencia en comunicación lingüística é o resultado da acción
comunicativa dentro de prácticas sociais
determinadas, nas cales o individuo actúa con outros interlocutores e a través de textos en
múltiples modalidades, formatos e soportes. Estas situacións e prácticas poden implicar o uso
dunha ou de varias linguas, en diversos
ámbitos e de maneira individual ou colectiva. Para isto o individuo
dispón do seu repertorio plurilingüe,
parcial, pero axustado ás experiencias comunicativas que experimenta ao longo da vida. As linguas que utiliza
puideron ter vías e tempos distintos de adquisición e constituír, por tanto, experiencias de
aprendizaxe de lingua materna ou de linguas
estranxeiras ou adicionais.
Esta visión
da competencia en comunicación lingüística vinculada con prácticas sociais determinadas ofrece unha imaxe do individuo
como axente comunicativo que produce, e non
só recibe, mensaxes a través das linguas con distintas finalidades.
Valorar a relevancia desta afirmación na
toma de decisións educativas supón optar por metodoloxías activas de aprendizaxe (aprendizaxe baseada en tarefas e
proxectos, en problemas, en retos, etcétera),
fronte a opcións metodolóxicas máis tradicionais.
Esta
competencia precisa da interacción de distintas destrezas, xa que se produce
en múltiples modalidades de comunicación
e en diferentes soportes. Desde a oralidade e a escritura até as formas máis
sofisticadas de comunicación audiovisual ou mediada pola tecnoloxía, o individuo participa dun
complexo entramado de posibilidades comunicativas.
En resumo,
para o adecuado desenvolvemento desta competencia resulta necesario abordar a análise e a consideración dos
distintos aspectos que interveñen nela, debido á súa complexidade. Para isto, débese atender
aos cinco compoñentes que a constitúen e ás dimensións en que se concretan:
– O
compoñente lingüístico comprende diversas dimensións: a léxica, a gramatical, a
semántica, a fonolóxica, a ortográfica e
a ortoépica, entendida esta como a articulación correcta do son a partir da representación
gráfica da lingua.
– O
compoñente pragmático-discursivo comprende tres dimensións: a sociolingüística (vinculada coa adecuada produción e recepción
de mensaxes en diferentes contextos sociais);
a pragmática (que inclúe as microfuncións comunicativas e os esquemas de interacción), e a discursiva (que inclúe as
macrofuncións textuais e as cuestións relacionadas
cos xéneros discursivos).
– O
compoñente sociocultural inclúe dúas dimensións: a que se refire ao coñecemento
do mundo e a dimensión intercultural.
– O
compoñente estratéxico permite ao individuo superar as dificultades e resolver os problemas que xorden no acto comunicativo.
Inclúe tanto destrezas e estratexias comunicativas
para a lectura, a escritura, a fala, a escoita e a conversa, como destrezas vinculadas co tratamento da información, a
lectura multimodal e a produción de textos electrónicos en diferentes formatos; así
mesmo, tamén forman parte deste compoñente as estratexias xerais de carácter cognitivo,
metacognitivo e socioafectivas que o individuo utiliza para comunicarse eficazmente, aspectos
fundamentais na aprendizaxe das linguas estranxeiras.
O
desenvolvemento desta competencia fai referencia ao emprego da linguaxe como
instrumento de comunicación oral e
escrita, de representación, interpretación e comprensión da realidade, de
construcción e comunicación do coñecemento e de organización e autorregulación do pensamento, das
emocións, e da conduta. Para acadar o desenvolvemento desta competencia
fomentaremos e dinamizaremos a participación do alumnado, a toma de decisións
empregando o consenso e o diálogo, respectando a diversidade de respostas,
ofrecendo un clima que anime a ler, escribir e conversar.
PROCESOS QUE INTERVEÑEN NO PROCESO LECTO-ESCRITOR
De forma cotiá expoñemos que para ler e escribir o
alumnado ten que estar ben lateralizado e co esquema corporal adquirido. Pero
hoxe sábese que son moitas as capacidades e habilidades que inflúen no proceso.
·
Procesamento perceptivo
·
Procesamento léxico
·
Procesamiento semántico
·
Procesamento do texto
·
Elaboración da mensaxe
·
Textualización
·
Revisión
·
Percepción e
discriminación visual e auditiva
·
Memoria visual
·
Esquema corporal
·
Orientación espacial e
temporal
·
Lateralidade
·
Coordinación visual e
motriz
·
Coordinación óculo-motriz
·
Ritmo
·
Análise e síntese visual e
auditiva
·
Habilidades auditivas e
visuais
·
Memoria cinestésica
·
Adquisición da linguaxe
oral
·
Habilidade grafomotriz
·
Habilidade
analítico-sintética
·
Capacidade de atención
·
Capacidade de establecer
relacións espacio-temporais
·
Simbolismos e aptitudes psicolingüísticas.
·
Resistencia á fatiga.
·
Facultade de memorización e de evocación inmediata.
É necesario abordar a lectura e a
escritura de forma global, integral, lúdica, significativo, multisensorial,
fomentando aprender a conocer, aprender a hacer, aprender a estar y convivir y
aprender a ser.
Os métodos e enfoques deben ser
integrados para crear un método "personalizado" para o grupo de
alumnado pois a rixidez metodolóxica nunca leva a dar resposta á diversidade do
alumnado en canto a intereses, capacidades, competencias, estilos e ritmos de
aprendizaxe, realidades culturais, sociais e familiares.
Sempre debemos ter presente que
somos CEREBRO E CORAZÓN.