lunes, 2 de diciembre de 2019

PROPOSTAS METODOLÓXICAS DIVERSAS



A integración das CCCC e as IIMM no currículo fai repensar a educación, os deseños das experiencias de aprendizaxe deben ser máis motivadoras, máis creativas, máis activas, máis sorprendentes e,  por este motivo, débense elexir ferramentas metodolóxicas que integren a comprensión, o emprego de símbolos, de imaxes, que favorezan o interese, que integren diferentes espazos, ambientes ou circuitos de aprendizaxe.  A organización espacial debe ser tida en conta para que os procesos de ensinanza-aprendizaxe sexan máis existosos e dinámicos.
Pero antes é preciso clarificar certos termos que ás veces son empregados como sinónimos e non o son.

RINCÓNS/RECANTOS
ALGÚNS REFERENTES TEÓRICOS
ESPAZOS
Montessori, Dewey
Claparede
Aula
CARACTERÍSTICAS RELEVANTES
Deben dar resposta ás características e diversidade do alumnado e poden ser rincóns ou recantos de de xogo ou relacionados co desenvolvemento do currículo. Favorecerán a posibilidade de traballo-xogo grupal ou individual. Se circunscriben á aula.
Aspectos relevantes:
Favorece a autonomía, a construcción do coñecemento, favorece o ritmo de execución e  de resolución de cada alumno-a, manipulación, creatividade, toma de decisións, iniciativa, interacción entre iguais, RR Sociais, aprendizaxe entre iguais, manipulación, investigación, razonamento lóxico, sentido da responsabilidade, aprendizaxe significativo, desexos de aprender, …
Exemplos: construcción, xogo simbólico, plástica, experiencias, natureza, lóxica-matemática, música, expresión lingüística, TIC-BIBLIOTECA- faladoiro-parladoiro-asemblea, alimentación, hixiene, descanso,…
Ventaxas:
  • Consiguen a autonomía suficiente, como para elexir, iniciar e rematar a tarefa sen necesitar a presencia permanente do adulto.
  • Potencian o traballo entre iguais.
  • O alumnado aprende a organizarse e a planificar as súas tarefas.
  • Aprenden a compartir coñecementos cos seus iguais.
  • Potencian o seu sentido da responsabilidade.
  • A atención que se lle ofrece é máis individualizada.
  • Cada rincón-recanto-recuncho  debe ser atractivo e fomentar a creatividade.
  • Non existe medo a equivocarse.
  • Estimulan o razonamento lóxico e a deducción a partir da experimentación.
  • Axudan a atopar diferentes solucións para un mesmo problema.
  • Proporcionan unha aprendizaxe lúdica e significativa.
  • Desenvolven a observación, a manipulación e a investigación.
  • Potencian as relacións sociais entre os iguais.
Potencian a necesidade e os desexos de aprender.

TALLERES/OBRADOIROS
ALGÚNS REFERENTES TEÓRICOS
ESPAZOS
Freinet, Malaguzzi
Aula
CARACTERÍSTICAS RELEVANTES
Alumnado como actor activo da súa aprendizaxe. Baseados na necesidade de experimentación, da acción no  desenvolvemento do currículo.
Algún talleres/obradoiros son:
Imprenta, biblioteca para ficheiros escolares, libros de vida, correspondencia interescolar, asamblea, conferencias, periódico mural

CIRCUITOS DE APRENDIZAXE POR ESTACIÓNS
ALGÚNS REFERENTES TEÓRICOS
ESPAZOS
Vygotsky, Freinet, Morgan, Adamson, Parkhurst,
Faust-Stiehl,
IMPULSOSR: BAUER,
Diferentes espazos da aula ou do centro
CARACTERÍSTICAS RELEVANTES
Basease na perspectiva constructivista. Esta ferramenta metodolóxica naceu para o desenvolvemento de circuitos de E. Física e traspasou esta área e vese que é recomendable para todo tipo de áreas ou materias.As actividades o tarefas deseñadas para o desenvolvemento dunha UD, UDI, TAREFA INTEGRADA, PROXECTO,…realizanse en diferentes estacións de traballo configurando un circuito de aprendizaxe. É dicir, reparten os contidos a desenvolver en fragmentos que quedan a disposición do alumnado en diferentes estacións. Estas estacións non teñen que corresponder cos rincóns ou recantos (pois poden ser mesas, mesas e sillas, alfombra,…) Estes son os chamados centros de aprendizaxe (Learning centers). Non debemos confundir cos RINCÓNS. As diferentes actividades son presentadas á vez conformando un todo. As actividades poden realizarse individual ou grupalmente. O nome do circuito de aprendizaxe realizado a través de diferentes estacións levará o nome que reflicta a paisaxe. Estas estacións deben dar resposta aos intereses, capacidades, competencias, estilo ou ritmo de aprendizaxe polo que unas serán máis complexas que outras. As estacións poden ser de paso obrigado ou libre, o que constitúen circuitos pechado ou abertos respectivamente.
Hai que reseñar que nesta metodoloxía de traballo interveñen a dimensión afectiva, emocional e sensorial.
Os circuitos de aprendizaxe por estacións favorece tamén a integración de outros niveis ou cursos.
As diferentes actividades son presentadas á vez conformando un todo. As actividades poden realizarse individual ou grupalmente. O nome do circuito de aprendizaxe realizado a través de diferentes estacións levará o nome que reflicta a paisaxe. Estas estacións deben dar resposta aos intereses, capacidades, competencias, estilo ou ritmo de aprendizaxe polo que unas serán máis complexas que outras. As estacións poden ser de paso obrigado ou libre o que constitúe circuitos pechado ou abertos respectivamente.
Os circuitos de aprendizaxe por estacións favorecen tamén a integración de outros niveis ou cursos e da gamificación, se fose necesario.
Desenvólvense os contidos dunha UD/UDI/PROYECTO. Poden ser desenvolvidos nalgún recanto e as actividades relaciónanse cun ámbito (lingüístico, experimentación, plástica, música, lóxica-matemática,…) ou varios.
Desenvólvense pequenos fragmentos dun contido ou de varios contidos. Tamén poden ser actividades integradas ou globalizadas.
Aspectos-ámbitos importantes que favorece:
A adaptación aos diferentes ritmos e estilos de aprendizaxe, as diferentes capacidades e habilidades, favorecedor da entrada de información multisensorial, de aprender facendo, da acción, autonomía, interaccións, aprendizaxe colaborativo,  motivación, emprego de diferentes estructuras de pensamento-modos de pensamento, uso dos diferentes canais de entrada de información: visual, auditivo, kinestésico e aos funcionamentos dos hemisferios cerebrais, control da hipercinesia e impulsividade, responde ao alumnado proactivo e reactivo.
 Con este circuitos o alumnado é responsable activo do seu aprendizaxe e, ao mesmo tempo, o alumnado pode recibir atención individualizada e personalizada. Naquelas estación con actividades máis complexas con alto índice de dificultade estará a persoa docente para atención individualizada.
As diferentes estacións poden combinar tarefas de comprensión, elaboración ou creación (seguindo as dimensións de Bloom) e favorecen o proceso de autoavaliación e coavaliación con diferentes instrumentos. As persoas docentes trocan o seu rol polo de ser un recurso máis. Existen tarefas que teñen diferentes graos de copmplexidade e de logro. Favorecen tamén a toma de decisións, a reflexión sobre as aprendizaxes (metacognición).
Recursos. Folla de ruta, mapa da ruta ou circuito, folla de instruccións, rexistro ou folla de participantes, folla de solución, rexistro autoavaliación.

AMBIENTES DE APRENDIZAXE
(learning landscape)
ALGÚNS REFERENTES TEÓRICOS
ESPAZOS
VAYER, Duval, Roncin
Tamén poderiamos falar de LAVE E WENGER que falan de “aprendizaxe situado”
Antecedentes: Frabboni, Galletti, Savorelli,
Aula, outras aulas, corredores, biblioteca, pavillón, salón de actos,…
CARACTERÍSTICAS RELEVANTES
Similar aos rincóns pero traspasa a limitación da aula e das idades.
Recomendable para desenvolver PDI, Actividades multinivel-interniveis.
Conciben o espazo como creador de vínculos, conexións, como territorio de exploración,
promotor do desenvolvemento das CCCC, habilidades, valores, interaccións.
O espazo é un ambiente de aprendizaxe, é o mellor recurso xerando, polo tanto, experiencias de aprendizaxe significativas.
Lembremos que o espazo ten 4 dimensións: física (que hai e como se organiza), temporal (cando e como se utiliza), funcional (para que se utiliza), relacional (que ou quenes o empregan e en qué circunstancias)
É importante que o alumnado teña a capacidade de facer seu o ambiente, o seu ambiente (aula, patio, corredores, barrio, rúas, …) .
O espazo de aprendizaxe é entendido como unha paisaxe en constante cambio, estimulante e, ao mesmo tempo, familiar, con identidade. Os ambientes de aprendizaxe deben invitar a percorrer, descubrir, aprender, observar, coñecerse, encontrarse a sí mesmo e aos demáis,...
Algunhas características:
-que axuden a crear conexións entre experiencias e coñecementos
-que conviden a facer, a actuar
-que o alumnado poida ser autónomo
-que sexan estructurados e estimulantes, dinámicos
-que favorezan a construcción de coñecementos e novos retos
-que teñan diferentes valores comunicativos, funcionais ou semánticos
-que teñan diferentes escenarios
-que xeren relacións
-que faciliten a construcción conxunta e colaborativa de coñecementos
-favorecen  que cada alumnno-a se sinta a gusto
-posibilidade de acceder visualmente ao resto dos espazos para estimular a curiosidade e o intercambio


PAISAXES DE APRENDIZAXE
ALGÚNS REFERENTES TEÓRICOS
ESPAZOS
Alfredo Hernando
Aula
CARACTERÍSTICAS RELEVANTES
A personalización das aprendizaxes debe ser o eixo vertebrador da educación. A resposta á diversidade debe ser a finalidade. O deseño da programación de aula atenderá a esa diversidade a través dunha metodoloxía preñada de experiencias de aprendizaxe ricas, dinámicas, motivadoras,...
É unha ferramenta pedagóxica ou de programación. Permite a integración da gamificación, da Visual Thinking, Design Thinking
As micropaisaxes poden combinar tarefas de comprensión, elaboración ou creación (seguindo as dimensións de Bloom) e as IIMM  e favorecen o proceso de autoavaliación e coavaliación con diferentes instrumentos. As persoas docentes trocan o seu rol polo de ser un recurso máis. Existen tarefas que teñen diferentes graos de copmplexidade e de logro. Favorecen tamén a toma de decisións, a reflexión sobre as aprendizaxes (metacognición).
Como podemos facelo ? a través dunha matriz integradora que poña en relación as IIMM e os procesos cognitivos de Bloom.
Tal como establece Hernando nunha paisaxe de aprendizaxe todos os elementos curriculares están relacionados e converxen nun contexto onde estes elementos atopan o seu sentido e se poñen a disposición da aprendizaxe a través do pensamento e da intelixencia.
Esta metodoloxía precisa da planificación das actividades e métodos variados e onde o alumnado teña a oportunidade de traballar cooperativamente e á vez favorecedor da autonomía. Según Hernando son “son una herramienta poderosa, práctica, útil y eficiente, que requiere un profesor activo y preparado que disfrute del movimiento”
Nas paisaxes de aprendizaxe deben contemplarse actividades relacionadas coa fase Preparación do proceso de aprendizaxe (PREPÁRATE), coa fase para búsqueda da información (INVESTIGA),  coa fase  SOLUCIONA, COMUNICA E REFLEXIONA (metacognición, autoavaliación)
Algún exemplos son:


Modelo Frabboni
ALGÚNS REFERENTES TEÓRICOS
ESPAZOS
 Existen 8 centros de interese: gráfico-pictórico,teatral-musical,  plástico manipulativo e dos oficios, o familiar, o lúdico, o das linguaxes e o lóxico-matemático.

 Aula e espazos escolares
CARACTERÍSTICAS RELEVANTES


Modelo High-Scope
ALGÚNS REFERENTES TEÓRICOS
ESPAZOS
Piaget
Aula, aire libre
CARACTERÍSTICAS RELEVANTES
O modelo High-Scope: basado na teoría cognitivista do desenvolvemento de Piaget  consiste en dividir a aula en sete áreas: casa, bloques, construccións, descanso, recreo, da expresión artística e da expresión musical.

RINCÓNS/RECANTOS
ALGÚNS REFERENTES TEÓRICOS
ESPAZOS

Aula
CARACTERÍSTICAS RELEVANTES
La casa dei Bambini” de María Montessori: esta autora sostiña que a preparación do ambiente educativo é moi importante. Todo debe estar organizado, reflectíndose  nesta orde o tempo e o espazo para que as criaturas interioricen e respecten o lugar onde se atopen os materiais e a distribución temporal da xornada. O material e o mobiliario deben despertar o interese  por observar, manipular, indagar.
-“Escuela materna” de Rosa y Carolina Agazzi: ambas estableceron que tanto o espazo como o horario debían distribuirse tomando como referencia o fogar materno e as actividades debían ser planificadas para que non interferisen no ritmo natural da familia.
-“L’ecole d’Ermitage” de Decroly: esta organización baséase en proporcionar ao  neno un ambiente axeitado e ofrecer as actividades na orden que permitan ao neno-a adaptarse aos ambientes aos que deberán facer frente fóra da aula e do centro educativo”.

Aportacións de Zabalza Beraza
ALGÚNS REFERENTES TEÓRICOS
ESPAZOS
Zabalza
Aula
CARACTERÍSTICAS RELEVANTES
Existen espazos que son máis ou menos imprescindibles na etapa  de E. I. dentro da aula:
  • Zona de trabajo colectivo: debe favorecer el intercambio verbal y el trabajo en grupo. Si el grupo-clase no es muy numeroso pueden formar un solo grupo con todos los alumnos.
  • Zona de trabajo individual: formado por mesas para los niños que faciliten el trabajo individual.
  • Zona de expresión plástica: dónde podrán dibujar, pintar, usar diferentes técnicas y formas de expresión…
  • Zona del juego simbólico: en ella los niños podrán interpretar diferentes roles y desarrollar su creatividad e imaginación.
  • Biblioteca de aula: debe disponer de una buena iluminación, evitar los excesos de ruido y tener muchos libros y muebles que faciliten la lectura.
  • Zona lúdica: debe tratarse de un espacio amplio que permita el movimiento.
  • Zona de exposición: lugar donde se expondrán los trabajos del alumnado tanto individuales como colectivos, así como carteles o dibujos relacionados con sus centros de interés.
En cuanto a los espacios exteriores, también se consideran espacios educativos y deben cumplir con una serie de requisitos que hagan que posibiliten la actividad y el juego:
  • Deben ser espacios amplios y con un acceso directo desde las aula.
  • Debe disponer de pequeños espacios a la sombra para resguardarse de el calor y con acceso a alguna fuente de agua potable.
  • Deben crearse diferentes áreas donde se puedan realizar diferentes actividades.
  • Debe haber diferentes tipos de suelo según las actividades: arena, hormigón…
  • Deben disponer de objetos simbólicos.
  • Debe haber zonas de silencio donde puedan descansar o relajarse y otras donde puedan hacer ruido pero sin causar situaciones de agresividad o estrés.
Y, por último, se deben aprovechar los recursos naturales como las zonas verdes.

Outra pregunta para facerse é: pódense mesturar varios modelos ou enfoques ferramentas metodolóxicas? Evidentemente si, xa que non son excluintes e, para dar resposta á diversidade de alumnado, ás veces é recomendable. Existirán secuencias didácticas que se desenvolven a través de paisaxes e, dentro destas, unha micropaisaxe pode ser deseñada a través dun circuito de aprendizaxe por estacións.
Cando temos na aula alumnado TDAH as aprendizaxes realizadas a través dun circuito de aprendizaxe por estacións son moi recomendables xa que as secuencias están estructuradas, son curtas, son de diferente complexidade, supón movimiento entre actividades, son claras, hai un mapa da ruta, existe a posibilidade da autoavaliación,...
Cando queremos dinamizar o TEI ou ben unas aprendizaxes internivel e multinivel integrando diferentes contextos (formal, informal e non formal) é axeitado recurrir ao emprego dos ambientes de aprendizaxe.
As paisaxes de aprendizaxe integran perfectamente a gamificación, a toma de decisións, a iniciativa, a resolución de problemas, etc.
En definitiva, cada docente debe realizar unha reflexión sobre as características do seu alumnado e, en función delas, elexir o máis axeitado sabendo que canto máis variadas, ricas, dinámicas sexan as elexidas máis motivarán ao alumnado.