lunes, 28 de octubre de 2019

PROTOCOLO ALTAS CAPACIDADES INTELECTUAIS

Un novo Protocolo está a nossa disposición dende a Consellería de Educación: PROTOCOLO ALTAS CAPACIDADES INTELECTUAIS.
Debemos ter en conta que o prisma da inclusión debe integrar a este alumnado e que deben ser avaliados tendo como referentes o contexto persoal do alumno ou da alumna, o contexto escolar e familiar. Os ámbitos obxectos de avaliación son:
-Intelectual e aptitudinal.
-Pensamento diverxente e creatividade.
-Personalidade e axuste socio-emocional
As medidas educativas estarán centradas en: programas de HHSS, adecuación da estructura organizativa do centro e da organización e xestión da aula , adecuación das programacións didácticas, metodoloxías baseadas no traballo colaborativo, TEI, ABP, A. por Proxectos, desdobramentos de grupos, Programas de Enriquecemento curricular, reforzo educativo e apoio de profesorado.


Un dos modelos educativos de enriquecemento curricular que mellores resultados académicos logra obter nas últimas décadas é o Modelo de Enriquecemento Escolar (SEM) para todo o alumnado ( Schoolwide Enrichment Model), de aquí en diante modelo SEM de Joseph Renzulli e Sally Reis (Renzulli, 1977; Renzulli & Reis, 1985, 1997). Trátase dun plan organizativo de enriquecemento e intervención educativa pensado, nun primeiro momento, para estudantes cun rendemento superior ou avanzado pero que, hoxe en día, é de aplicación a todo o alumnado, unha vez comprobadas as vantaxes e beneficios que reporta e oferta desde a investigación e a propia praxe educativa.
A información que aparece nas súas páxinas demanda ás comunidades Educativas a necesidade de ofrecer respostas a este tipo de alumnado que ten, entre outras características:

  • Adquiren aprendizaxes temperás de xeito autónomo.
  • Normalmente son rápidos ou rápidas na adquisición e retención da información.•Amosan unha gran curiosidade intelectual.
  • Fan moitas preguntas, algunhas das cales poden chegar a ser desconcertantes para a súa idade.
  • Gozan resolvendo problemas e coa actividade intelectual
  • Ven as relacións causa-efecto. Teñen habilidade para conectar e establecer relacións entre datos aparentemente dispares
  • Teñen habilidade para manexar abstraccións
  • Presentan un razoamento particular, interpretando a realidade e a información dunha maneira diferente ao habitual.
  • Teñen necesidade de xustiza, de verdade e de equidade (sentido ético)
  • Posúen riqueza de vocabulario e facilidade verbal Expresan pensamento crítico cos e coas demais e consigo mesmos ou mesmas
  • Amosan gran capacidade de observación
  • Móstranse abertos ou abertas a novas experiencias
  • Posúen alta creatividade e inventiva
  • Gústanlles as formas novas de facer as cousas
  • Teñen facilidade para concentrarse e estar atentas ou atentos, de forma ampla e sostida, nos temas do seu interese
  • Móstranse persistentes nas tarefas que lles resultan atractivas.
  • Presentan unha gran actividade mental.
  • Manifestan desagrado polas tarefas rutineiras e/ou repetitivas. Son moi sensibles e poden presentar reaccións emocionais intensas.
  • Son independentes, prefiren o traballo individualizado.
  • Teñen intereses diversos, moitas veces non coincidentes cos do seu grupo de idade.
  • Mostran gran sentido do humor, que adoita ser peculiar.
  • Preocúpanse por temas transcendentais, como a morte, a liberdade, a xustiza, a moral, etc
  • Son perfeccionistas.
  • Presentan desaxustes entre o nivel de desenvolvemento cognitivo e a madurez socio-emocional
  • Cústalles aceptar decisións cando non as entenden ou non atopan explicación razoada.
  • Teñen preferencia por estar con persoas adultas ou nenos e nenas maiores