A lectura en educación infantil é un proceso que integra percepción, memoria, motivación.
Facemos unha proposta a partir de retos ben con maiúsculas ou con minúsculas. Cando rematen o coñecemento das vogais ou de cada fonema terán a posibilidade de acadar 4 puntos para que os vaian acumulando e canxeando por algo que lles guste (un paseo con mamá e papá, minutos coa tablet, unha sesión de cine,...). Ao final hai unha táboa para ir rexistrando os puntos acadados.
Lembrade que as familias sodes copartícipes e as primeiras responsables da educación e dos procesos de aprendizaxe dos fillos e fillas.