jueves, 18 de abril de 2019

ESCOLA DE NAIS E PAIS: GAMIFICACIÓN



Xa estamos chegando ao remate do mes de abril e, polo tanto, teremos unha nova sección da ESCOLA DE NAIS E PAIS en colaboración coa RADIO MUNICIPAL de TUI. Día 24 de abril ás 12,30 horas.
Nesta ocasión abordaremos a importancia dunha das APRENDIZAXES A TRAVÉS DE RETOS (GAMIFICACIÓN) que promoverá o interese, a motivación, a implicación activa do alumnado como actores da súa propia aprendizaxe. A persoa experta que entrará en antena de forma altruísta e gratuíta será AITOR BARBOSA, experto investigador nesta temática.
Non desaproveitemos a oportunidade de facerlle preguntas deixándoas por escrito no número de tfno. 664061200 e el respostará o día da emisión.