O APEGO EN EDUCACIÓN INFANTIL
Ao longo das seguintes páxinas atoparedes diversas visións sobre o apego e o seu papel no desenvolvemento emocional de nenas e nenos. Tamén aparecen expostas ideas sobre os hiperpais ou hipernais e hiperparentalidade en canto aos seus aspectos positivos ou negativos. Descubriredes o que significa o porteo, o coleito, o coleito múltiple, a lactancia prolongada ou a lactancia a demanda, entre outras cuestións.
Ao longo das seguintes páxinas atoparedes diversas visións sobre o apego e o seu papel no desenvolvemento emocional de nenas e nenos. Tamén aparecen expostas ideas sobre os hiperpais ou hipernais e hiperparentalidade en canto aos seus aspectos positivos ou negativos. Descubriredes o que significa o porteo, o coleito, o coleito múltiple, a lactancia prolongada ou a lactancia a demanda, entre outras cuestións.
No proceso de educación de fillos e
fillas tamén conta O SENTIDO COMÚN. É importante ter presente que a realidade familiar, os
traballos dos proxenitores, o rol de avoas e avós, ... condicionan ou facilitan
un apego sano e coherente.
Persoas expertas como Figuera, Luengo ou Millet farán posible que teñades diferentes puntos de vista e
optar pola mellor opción ou pola proposta que dea resposta á vosa realidade
familiar.
As familias, ao longo da historia
foron mudando, pois de familias extensas convivindo nun mesmo espazo e, polo
tanto, con poucos cuartos para durmir ata vivendas para familias pequenas ou
monoparentais. Nas primeiras facía
necesario compartir o leito ou ou cuarto. Nas segundas favorécese que existan
moitas posibilidades de reparto de espazos ou espazos para compartir. A crianza
no pasado era natural pero non sobreprotectora pois había moitos fillos-as. Ao
estar rodeados de familia os nenos e as nenas estaban sempre acompañados (que
non asulagados ou afogados no control). A realidade familiar actual debe ir
encamiñada á unha parentalidade
corresponsable das 2 persoas proxenitoras polo que falar do coleito só con mamá
ou do porteo con mamá non se axusta ás demandas da sociedade actual. O coleito
debe ser compartido asi como o porteo. Non sempre que se realiza o porteo se
lles está brindando ao bebé afectos, calidade de emocións,… xa que moitas veces
o uso do móbil neses momentos de porteo desdebuxa o sentido mesmo do porteo e o
mesmo acontece co coleito cando o televisor do cuarto pode estar interferindo
nese universo de afectos relacionais.
A finalidade de ofrecer unha crianza
saudable sempre está circunscrita a que
nenos e nenas sexan autónomos, resilientes, respectuosos, solidarios ou
emocionalmente competentes pero, para iso,
deben vivir experiencias vitais no fogar nas que aprendan a compartir, a
escoitar, a colaborar, a ser responsables, a ser autónomos, etc.
Non é bó que sexan dependentes en
exceso dos adultos pois conlevará que teñan necesidade de axuda de forma cotiá,
que non saiban resolver pequenos problemas, que non teñan iniciativa, …
Algunhas das frases máis chamativas
que vos invitarán a seguir lendo son:
"lo que
somos está marcado por la forma en que nos criaron en la infancia"
"Se nos ha hecho creer hoy en día que para ser buenos padres tenemos
que resolver por sistema los problemas de los hijos. Con la mejor intención al
hacer las cosas por sistema por ellos les estamos diciendo que no pueden”.
"Hay
apegos sanos o insanos"
"En
crianzas muy sobreprotectoras los hijos hacen rupturas muy fuertes con los
padres en la adolescencia, los castigan".
"Todo lo que se hace alrededor de la
hiperpaternidad se hace con buena intención, pero con este
gesto nos estamos cargando el proceso de adquisición de autonomía de los
hijos".
“se está
hablando de una generación con una baja tolerancia a la frustración y con
muchos miedos, un poco prepotentes, muy estimulados y estresados, como los
padres”.
"Una
paternidad más relajada: dejarlos más a su aire y confiar en ellos"
"Si
sólo tenemos 1,3 niños de promedio, este niño es el centro de atención y de la
vida de sus padres. Y no les estamos haciendo ningún favor. ¡Claro que son
superespeciales! Pero para ti, no para todo el mundo, y tienen que
acostumbrarse a que no son el centro del Universo".
"La maternidad se ha profesionalizado en el sentido de que
hay mujeres que hacen de la maternidad su trabajo y se definen como full time
mums. Se acaba enloqueciendo. El niño es tu referente pero tenemos
que tener otras actividades en la vida".
“nos
estamos cargando el patrimonio de la infancia, que es el tiempo para jugar"
"En la
hiperpaternidad, los hijos se exhiben como un signo de estatus".
"el
antídoto para revertir la hiperpaternidad es el
underparenting
o sana desatención de los hijos".
“el sentido común en la crianza: “Ni
dejar llorar al niño hasta desgañitarse ni estar pendiente todo el día, porque
entonces se creen el centro del mundo y después el mundo… ¡No es así!”.