Xa estamos en xaneiro e, polo tanto, iniciamos unha segunda etapa da ESCOLA DE NAIS E PAIS na RADIO MUNICIPAL DE TUI. A cidadanía, as familias, o profesorado pode deixar preguntas no tfno. 664061200
É necesario Pensar nunha nova educación. A educación dos nosos fillos e fillas non pode seguir sendo a mesma que a do século XX. A realidade social mudou, é diversa, complexa, tecnolóxica,... e porén necesitamos artellar piares consistentes onde "andamiar" as demandas e necesidades dos fillos e fillas.
Personas relevantes do panorama educativo estatal, europeo e autonómico participarán cada mes nas sesións.
Nesta nova edición, faremos un percorrido polos afectos e dende a afectividade tan necesaria para que nenos e nenas queiran aprenden, sintan a necesidade de aprender e de que poden facelo. Seguiremos afondando das competencias profesionais docentes necesarias para dar resposta ás características dos alumnos e alumnas sabendo que nas aulas existe diversidade de intereses, motivacións, realidades sociais e familiares, de ritmos e estilos de aprendizaxe. Os perfís profesionais deben ir adecuándose a esta realidade e nunca debe ser o alumno-a o que se adapte a unha forma de ensinar.
A andaina formativa desta Escola de Nais e Pais continuará coa participación dunha experta na educación parental positiva relacionada cos trastornos de conducta.
Xa polo mes de abril un experto en gamificación, aprendizaxe a través de retos contaranos as posibilidades desta estratexia metodolóxica emerxente.
En maio un experto en Delitos telemáticos explicará a realidade da necesaria seguridade nas RRSS e en Internet.
No mes de xuño rematamos cunha sesión dedicada a visibilizar os diferentes escenarios de aprendizaxe na vida dos seres humanos.
agora solo queda contar coa vosa participación !