miércoles, 30 de enero de 2019

NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO


A diversidade é unha realidade na sociedade e, polo tanto, nas aulas. A esa diversidade debemos dar resposta a partir de cambios metodolóxicos, adecuando programacións, adecuando espazos, tempos e instrumentos de avaliación. De igual maneira, debemos deseñar programas específicos individualizados, ofrece apoios na aula, deseñar reforzos educativos ou programas de habilidades sociais como algunha sdas medidas ordinarias recollidas no D. 229/2011.
A continuación, deixamos un rexistro que recolle as casuísticas das posibles NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO, N.E.A.E. do DOCUMENTO DE RECOLLIDA DE DATOS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE (DRDADI)

martes, 29 de enero de 2019

REFLEXIÓNS PARA UNHA NOVA ARQUITECTURA DA EDUCACIÓN

Nestes momentos de cambios na sociedade é necesario deterse a pensar na realidade e cara a onde camiñar na educación. Familias, profesorado e sociedade deben reflexionar sobre as diferentes posibilidades. Está nas nosas mans ir artellando piares que sustente esa nova educación.
Para saber máis:

"La arquitectura de una nueva educación: una visión desde la práctica" (T. Domínguez)


lunes, 28 de enero de 2019

PENSANDO NOS HIPERPAIS, HIPERNAIS E HIPERFILLOS


Para que poidamos seguir reflexionando sobre o que significa: Hiperpais e hiperfillos deixo as explicacións de  David McCullough nun discurso de Graduación  na Wellesley High School e que titulou "NO ERES ESPECIAL".

NO ERES ESPECIAL (D. McCULLOUGH)

A FIGUEIRA DE PELOSTORTOS

A partir das propostas dos libro A FIGUEIRA DE POLOSTORTOS poderedes favorecer a atención, a percepción, o desenvolvemento da linguaxe oral e escrita, a invención, o pensamento,...
A FIGUEIRA DE PELOSTORTOS

domingo, 27 de enero de 2019

SECUENCIA DIDÁCTICA ESTABLE DE LECTOESCRITURA OU ESCRILECTURA


As veces, as familias precisan dunha guía para orientar o inicio das aprendizaxes da escritura e da lecturas. A proposta de lectura e de escritura que  aparece nesta páxina NUNCA poderán substituir o traballo da lectura e da escritura  dende enfoques creativos e constructivistas  e tampouco substitúe o descubrimento e a identificación de diferentes tipos de textos (enumerativos, literarios, informativos,...) e as habilidades metafonolóxicas. De igual maneira, as propiedades cualitativas e cuantitativas, a direccionalidade,...

As actividades seguintes están pensadas para axudar e orientar  ás familias e ofrecer ao profesorado un recurso para unhas secuencias didácticas estables relacionadas coa lectura e a escritura e tamén para un traballo autónomo do alumnado ou dos fillos e fillas.
As  "fichas seguintes"  poderedes completalas tamén buscando palabras longas e curtas, identificar esas palabras en diferentes frases, identificar que palabras están diante ou detrás, que fonemas están diante ou detrás, identificar as oracións  e colorear o punto e final, separar as palabras de cada frase, localizar o número de palabras de cada oración,.....
Podedes clicar no seguinte enlace ou escanear o código QR 



LIBROS PARA APRENDER: HIPERNIÑOS

A autora, EVA MILLET, afonada no fenómeno da crianza helicópero dos fillos e fillas. Da pautas e estratexias para revertir a situación da crianza sobreprotectora, hiperasistida e intensiva.
Para saber máis debedes ler o libro que estará á vosa disposición na biblioteca de Orientación.

sábado, 26 de enero de 2019

LIBROS PARA APRENDER: HIPERPATERNIDAD


A autora, EVA LLLET explica e argumenta como as familias pasan do modelo educativo "moble" ao modelo "altar" con respecto aos seus fillos e fillas. Os fillos son o centro das familias para acadar ter uns fillos perfectos anticipándose aos desexos dos fillos, resolvendo os seus problemas, cunhasobreestimulación, cunhas axendas de actividades inasumibles polas criaturas e malamente polas súas familias, con tolerancia á frustración mínima ou cero,...
Preconiza a SANA DESATENCIÓN.
Se queredes saber máis mercade o libro ou pasade pola Biblioteca de Orientación.

viernes, 25 de enero de 2019

CLASIFICACIÓN DIAGNÓSTICA DOS TRASTORNOS DO DESENVOLVEMENTO


O abano de posibilidades para que un neno-nena sexa integrado nos Servizos de Atención Temperá é amplo.
Os TRASTORNOS DO DESENVOLVEMENTO entre os 0 e 6 anos poden ser múltiples. agrúpanse en 6 EIXES:
  1. FACTORES BIOLÓXICOS
  2. FACTORES FAMILIARES DE RISCO
  3. FACTORES AMBIENTAIS DE RISCO
  4. TRASTORNOS DO DESENVOLVEMENTO
  5. FAMILIA
  6. CONTORNA
A continuación, tedes un enlace aos diferentes TRASTORNOS DO DESENVOLVEMENTO ou ben escaneades o Código QR que está na parte de arriba:

PATOLOXÍAS ATENCIÓN TEMPERÁ

jueves, 24 de enero de 2019

PATOLOXÍAS INFANTÍS SUBSIDIARIAS DE REHABILITACIÓN 0-6 ANOS

Entre os 0-6 anos existen diferentes patoloxía subsidiarias de rehabilitación. entre elas temos:
  1. patoloxías muscoesqueléticas
  2. patoloxías neurolóxicas
  3. patoloxías cardiopulmonares
  4. patoloxías da fala e da deglutición
Se queredes  coñecer máis escaneade o código QR ou premede no seguinte enlace:

PATOLOXÍAS SUBSIDIARIAS DE REHABILITACIÓN 0-6

MAR ROMERA:




O mércores iniciamos a 2ª edición da Escola de Nais e  Pais na Radio Municipal de Tui.
Mar Romera, experta en educación, en educación dos afectos e afectiva estará en antena para explicarnos a importancia da afectividade e os afectos nas aprendizaxes dos nenos e nenas.
A través do tfno. 664061200 PODEDES DEIXAR PREGUNTAS OU REFLEXIÓNS.

miércoles, 23 de enero de 2019

ATENCIÓN TEMPERÁ



A atención Temperá en Galicia  ten, a partir deste Protocolo, vieiro de equidade, de inclusión de compensanción das desigualdades (Título II Lomce).
Tal como aparece expresado na introducción do propio documento " a transcendencia dos cambios sociais e a experiencia acumulada ao longo dos derradeiros anos sinalaron a conveniencia de asumir un novo concepto de atención temperá, baseado nos dereitos dos nenos e nenas, na igualdade de oportunidades e na participación social. Un concepto, ademais, centrado nas necesidades da familia e na prestación dos servizos nos contornos naturais da vida destes nenos e nenas. A aplicación do Decreto 183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a Rede Galega de atención temperá, significou un punto de inflexión na consideración na atención temperá, por facer realidade un espazo compartido de coordinación e corresponsabilidade entre o sistema de saúde, o sistema educativo e os servizos sociais". A intervención vai ser interdisciplinar xa que se integran os servizos sanitarios, os servizos sociais e o sistema educativo.
 Para  poder descargalo debedes escanear o Código QR ou ben premer no seguinte enlace


martes, 22 de enero de 2019

REFLEXIÓNS DE EMILIO CALATAYUD



Deixo un resumo dunha conferencia de Emilio Calatayud (Xuiz de Menores) realizada na Fundación Mariano Ruiz-Funes onde nos fai unha visión da necesaria Educación en Valores. 



lunes, 21 de enero de 2019

A LÚA LADROA


Co libro A LÚA LADROA poderás descubrir moitas cousas e aprenderás a contar, a escribir, a ler, a pensar, a escoitar, a falar, a crear historias, ...
A LÚA LADROA

LIBROS PARA APRENDER: LA ESCUELA QUE QUIERO



Mar Romera (a experta en educación que iniciará a nosa Escola de Nais e Pais a través da Radio Municipal) presenta un libro que merece a pena ser lido. 
Tamén ler a seguinte entrevista:

Mar Romera: «Los profesores que no están motivados deberían salir de las escuelas»
ENTREVISTA

viernes, 18 de enero de 2019

REGRETEANDO PRIMEIRA PARTE!



REGRETEANDO PRIMEIRA PARTE


ANTECEDENTES DAS REGRETAS DE CUISENAIRE?
María Montessori e F. Froebel empregaban regretas para representar números.

QUEN ERA CUISENAIRE?
Georges Cuisenaire, profesor, publicou no ano 1952 un libro titulado LOS NÚMEROS EN COLOR.

CARACTERÍSTICAS
Este recurso foi moi desenvolvido e popularizado por CALEB GATTEGNO en moitos paises do mundo. É un recurso tamén empregado para a ensinanza de idiomas.

As regretas son 10 prismas de 10 cores diferentes e de diferentes lonxitudes.
As equivalencias son:
1= branco,  2=vermello, 3=verde craro, 4=rosa, 5=amarelo, 6=verde oscuro, 7=negro, 8=marrón, 9=azul, 10=laranxa
Algúns dos aspectos positivos máis relevantes das regretas son que permiten e promoven:
- a interacción
-a manipulación
-a verbalización ao ter que intercambiar información e ter que argumentar un proceso
- o traballo en equipo e a titorización entre iguais
-o razonamento
-o pensamento lóxico
-o pensamento analítico
-o pensamento analóxico
-o pensamento deliberativo
-o compartir
-a resolución de problemas
-o cálculo
-a numeración
-posibilidade de actividades multinivel
-a compensación de desigualdades

Coas regretas realizamos a función manipulativa (obxectos da vida real: caramelos, patos, galiñas,...), a gráfica (reprrsentación da vida real: o prisma verde claro pode representar 3 gominolas, 3 patos,...) e a simbólica (se lle asigna un garabato, unha forma: 1, 2, 3, 4,...)

Para saber máis  debedes descargar o código QR que está arriba.

jueves, 17 de enero de 2019

O APEGO NA EDUCACIÓN INFANTIL





O APEGO EN EDUCACIÓN INFANTIL
Ao longo das seguintes páxinas atoparedes diversas visións sobre o apego e o seu papel no desenvolvemento emocional de nenas e nenos. Tamén aparecen expostas ideas sobre os hiperpais ou hipernais e hiperparentalidade en canto aos seus aspectos positivos ou negativos. Descubriredes o que significa o porteo, o coleito, o coleito múltiple, a lactancia prolongada ou a lactancia a demanda, entre outras cuestións.
No proceso de educación de fillos e fillas tamén conta O SENTIDO COMÚN. É importante  ter presente que a realidade familiar, os traballos dos proxenitores, o rol de avoas e avós, ... condicionan ou facilitan un apego sano e coherente.
Persoas expertas como Figuera, Luengo ou Millet farán posible que teñades diferentes puntos de vista e optar pola mellor opción ou pola proposta que dea resposta á vosa realidade familiar.
As familias, ao longo da historia foron mudando, pois de familias extensas convivindo nun mesmo espazo e, polo tanto, con poucos cuartos para durmir ata vivendas para familias pequenas ou monoparentais. Nas primeiras  facía necesario compartir o leito ou ou cuarto. Nas segundas favorécese que existan moitas posibilidades de reparto de espazos ou espazos para compartir. A crianza no pasado era natural pero non sobreprotectora pois había moitos fillos-as. Ao estar rodeados de familia os nenos e as nenas estaban sempre acompañados (que non asulagados ou afogados no control). A realidade familiar actual debe ir encamiñada  á unha parentalidade corresponsable das 2 persoas proxenitoras polo que falar do coleito só con mamá ou do porteo con mamá non se axusta ás demandas da sociedade actual. O coleito debe ser compartido asi como o porteo. Non sempre que se realiza o porteo se lles está brindando ao bebé afectos, calidade de emocións,… xa que moitas veces o uso do móbil neses momentos de porteo desdebuxa o sentido mesmo do porteo e o mesmo acontece co coleito cando o televisor do cuarto pode estar interferindo nese universo de afectos relacionais.
A finalidade de ofrecer unha crianza saudable sempre está circunscrita a  que nenos e nenas sexan autónomos, resilientes, respectuosos, solidarios ou emocionalmente competentes pero, para iso,  deben vivir experiencias vitais no fogar nas que aprendan a compartir, a escoitar, a colaborar, a ser responsables, a ser autónomos, etc.
Non é bó que sexan dependentes en exceso dos adultos pois conlevará que teñan necesidade de axuda de forma cotiá, que non saiban resolver pequenos problemas, que non teñan iniciativa, …
Algunhas das frases máis chamativas que vos invitarán a seguir lendo son:
*      "lo que somos está marcado por la forma en que nos criaron en la infancia"
*      "Se nos ha hecho creer hoy en día que para ser buenos padres tenemos que resolver por sistema los problemas de los hijos. Con la mejor intención al hacer las cosas por sistema por ellos les estamos diciendo que no pueden”.
*      "Hay apegos sanos o insanos"
*      "En crianzas muy sobreprotectoras los hijos hacen rupturas muy fuertes con los padres en la adolescencia, los castigan".
*      "Todo lo que se hace alrededor de la hiperpaternidad se hace con buena intención, pero con este gesto nos estamos cargando el proceso de adquisición de autonomía de los hijos".
*      “se está hablando de una generación con una baja tolerancia a la frustración y con muchos miedos, un poco prepotentes, muy estimulados y estresados, como los padres”.
*      "Una paternidad más relajada: dejarlos más a su aire y confiar en ellos"
*      "Si sólo tenemos 1,3 niños de promedio, este niño es el centro de atención y de la vida de sus padres. Y no les estamos haciendo ningún favor. ¡Claro que son superespeciales! Pero para ti, no para todo el mundo, y tienen que acostumbrarse a que no son el centro del Universo".
*      "La maternidad se ha profesionalizado en el sentido de que hay mujeres que hacen de la maternidad su trabajo y se definen como full time mums. Se acaba enloqueciendo. El niño es tu referente pero tenemos que tener otras actividades en la vida".
*      “nos estamos cargando el patrimonio de la infancia, que es el tiempo para jugar"
*      "En la hiperpaternidad, los hijos se exhiben como un signo de estatus".
*      "el antídoto para revertir la hiperpaternidad es el underparenting o sana desatención de los hijos".
*      “el sentido común en la crianza: “Ni dejar llorar al niño hasta desgañitarse ni estar pendiente todo el día, porque entonces se creen el centro del mundo y después el mundo… ¡No es así!”.

martes, 15 de enero de 2019

ESTRATEXIAS PARA MELLORA A ATENCIÓN






 ESTRATEXIAS PARA MELLORAR A ATENCIÓN
A atención é un dos procesos psicolóxicos básicos que favorecen as aprendizaxes dos seres humanos. Nos primeiros anos da vida de nenos e nenas debemos deseñar secuencias e escenarios onde a atención poida ser desenvolvida.

En primeiro lugar, establecemos que cada neno-nena, cada ser humano é diferente e procesa a información de xeito diverso. Dende os centros educativos deberemos adecuar a resposta educativa ás diferentes características e necesidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións, intereses e situacións sociais e culturais de todo o alumnado (art. 3 D. 229/2011). Unha desas características diferenciadoras é a atención.



A maior ou menor atención fai que un neno ou unha nena teña un diferente ritmo de aprendizaxe, que teña un estilo de aprendizaxe peculiar ou que non atenda porque non lle interese a temática ou que a súa autoestima estea moi baixa e non sinta a necesidade de aprender pois pensa que o vai facer mal ou crea que non sabe facelo.



As veces, cando un neno ou unha nena ten déficit de atención non sempre se pode establecer que exista un TDAH ou TDA. O trastorno por déficit de atención e Hiperactividade non pode ser diagnosticado ata os 6 anos. Por este motivo, debemos buscar e ofrecer estratexias para que os síntomas desaparezan ou no caso da existencia real de TDAH ou TDA  melloren os ámbitos deficitarios.



A atención é a capacidade que permite a un neno ou nena concentrarse na execución dunha actividade dirixida a acadar un obxectivo (arrodear cadrados vermellos, seguir unha serie de números, localizar información nun texto escrito ou oral, agrupar certo nº de obxectos, escribir palabras que teñan un T, localizar intrusos nunha serie de imaxes,...). Existen tipos de atención: sostida, focalizada, selectiva ou dividida.
Para saber máis debedes escanear o código QR co voso móbil e teredes acceso a toda a información.