A
sociedade, nos derradeiros anos mudou e, polo tanto, os cidadáns tamén mudaron nas súas formas de
pensar, de estar, de ser, de sentir, de falar, de argumentar, de recibir ou
transmitir información,...
Polo
tanto, esta realidade é necesaria tela en conta cando se fala
de educación.
Levamos
anos escoitando que é preciso un PACTO POLA EDUCACIÓN pero quizás deberiamos
preguntarnos cales van ser eses piares ou liñas estratéxicas onde se sustente a
NOVA ARQUITECTURA DA EDUCACIÓN.
Porén,
faise imprescindible realizar un esbozo desas novas necesidades da educación
para poder avanzar.
O
primeiro, será contemplar o que pasa, pensar no que acontece nas nosas aulas e
poñerse a buscar, entre todos, solucións para o agora (VEXO, PENSO,
PREGÚNTOME).
As
familias, tamén deben analizar o que pasa no
centro educativo: se os procesos de ensinanza son diferentes aos que eles
viviron na etapa escolar, se os seus fillos ou fillas aprenden a partir de actividades
memorísticas ou ben aprenden facendo, aplicando os contidos á vida cotián, se
teñen maior competencia na lingua inglesa, etc.
O
realmente complexo e poñernos de acordo en cales poderían ser eses piares
sustentadores que deseñen esa andamiaxe educativa.
As
liñas estratéxicas poden partir dos
piares da educación de Delors no seu
Informe do ano 1996 cando establecía que nos diferentes escenarios que existen para
que as persoas aprendan (familia, escola, comunidade) debemos promover ensinar a coñecer pero tamén a facer, a estar ou convivir e a ser.
Para saber máis debedes premer no seguinte enlace: