miércoles, 27 de junio de 2018

A ARQUITECTURA DA EDUCACIÓN DO S.XXI



A sociedade, nos derradeiros anos mudou e, polo tanto, os cidadáns tamén mudaron nas súas formas de pensar, de estar, de ser, de sentir, de falar, de argumentar, de recibir ou transmitir información,...
Polo tanto, esta realidade é necesaria tela en conta cando se fala de educación.
Levamos anos escoitando que é preciso un PACTO POLA EDUCACIÓN pero quizás deberiamos preguntarnos cales van ser eses piares ou liñas estratéxicas onde se sustente a NOVA ARQUITECTURA DA EDUCACIÓN.
Porén, faise imprescindible realizar un esbozo desas novas necesidades da educación para poder avanzar.
O primeiro, será contemplar o que pasa, pensar no que acontece nas nosas aulas e poñerse a buscar, entre todos, solucións para o agora (VEXO, PENSO, PREGÚNTOME).
As familias, tamén deben analizar o que pasa no centro educativo: se os procesos de ensinanza son diferentes aos que eles viviron na etapa escolar, se os seus fillos ou fillas aprenden a partir de actividades memorísticas ou ben aprenden facendo, aplicando os contidos á vida cotián, se teñen maior competencia na lingua inglesa, etc.
O realmente complexo e poñernos de acordo en cales poderían ser eses piares sustentadores que deseñen esa andamiaxe educativa.
As liñas estratéxicas poden partir dos piares da educación de Delors  no seu Informe do ano 1996 cando establecía que nos diferentes escenarios que existen para que as persoas aprendan (familia, escola, comunidade) debemos promover ensinar a coñecer pero tamén a facer, a estar ou convivir e a ser.
Para saber máis debedes premer no seguinte enlace:

domingo, 24 de junio de 2018

GAMIFICANDO

Hoxe fago unha aposta polas aprendizaxes a través de retos, GAMIFICACIÓN.
https://www.youtube.com/watch?v=dKZyeJfiv2s&feature=youtu.be

MATEMATICREANDO

Chega o verán e temos máis tempo para reflexionar sobre enfoques para estimular o razonamento matemático, para incrementar as estratexias para coñecer o concepto de número ou para aprender a contar,...
Debemos ter sempre unha visión aberta a diferentes posibilidades.
Hoxe presento un material de Fernández Bravo que considero necesario para ter unha visión máis ampla sobre enfoques para mellorar a arte de contar.




A ARQUITECTURA DUNHA NOVA EDUCACIÓN: TERESA DOMÍNGUEZ


Chegamos a derradeira sesión da ESCOLA DE NAIS E PAIS emitida na Radio municipal de Tui.
Pretende dar a coñecer un posible recetario educativo de éxito escolar que resume as intervencións dos expertos en educación das sesións anteriores.
Esta derradeira sesión será un punto e seguido pois poderá significar unha reflexión sobre os procesos de ensinanza que planificamos nos centros para iniciar no seguinte curso unhas novas estratexias metodolóxicas innovadoras. 
Para escoitar o programa debedes premer  no seguinte enlace
PROGRAMA DE RADIO

martes, 19 de junio de 2018

lunes, 18 de junio de 2018

AMBIENTES DE APRENDIZAXE


A realidade diversa do alumnado fai necesario que transformemos os recantos ou o traballo por obradoiros en ambientes de aprendizaxe. Estes ambientes abrenn portas e ventás para aprender no corredor do cole, no patio, no barrio, no museo, no teatro, no supermercado,...
Tamén ter en conta que os ambientes de aprendizaxe potencian e promoven as interaccións entre iguais, interaccións entre alumnado de idades diversas, provocan o interese, incrementan a motivación, dinamizan aprendizaxes contextualizadas, situadas, funcionais, dinamizan que as aprendizaxes sexan activas, dinámicas, integrais,...
Por outra parte, integran as aprendizaxes competenciais, as IIMM, as paisaxes de aprendizaxe.


TRABALLO COLABORATIVO CON PADLET


Cada vez máis é necesario realizar aprendizaxes colaborativos e o emprego de PADLET pode ser unha ferramenta potente e motivadora.
PARA SABER MÁIS

APRENDIZAXE BASADO EN RETOS: GAMIFICACIÓN


O alumnado é diferente e diverso.
Polo tanto, temos que ofrecer estratexias metodolóxicas diferentes e innovadoras.
Unha destas estratexias innovadoras é a GAMIFICACIÓN.
Partindo das mecánicas dos xogos integrámolas en entornos no lúdicos.
Partindo de retos, desafíos o alumnado debe resolver situacións problema e os logros son recompensados con BADGE (insignia) para poder ir acadando niveis de acceso.
É necesario crear unha historia motivadora e crear un espazo de aprendizaxe-ambiente de aprendizaxe

Conferencia de PAUL ANDERSEN

EXEMPLO1
EXEMPLO2

viernes, 1 de junio de 2018

AUDIO PROGRAMA DE RADIO

CHARLA NA RADIO DE DNA. MARTA ÁLVARO, INSPECTORA DE EDUCACIÓN, COMUNIDADE DE MADRID

CALENDARIO COMPETENCIAL DE XUÑO 2018

Xa estamos no mes de XUÑO e facemos propostas de actividades competenciais e funcionais para desenvolver no contexto familiar.

O CALENDARIO COMPETENCIAL DE XUÑO 2018 pretende axudar a desenvolver a competencia lingüística e tamén a intelixencia Lingüística verbal, a competencia matemática e competencia en ciencias e tecnoloxía xunto coa intelixencia lóxica-matemática,  dinamiza o aprender a aprender, estimula habilidades para ter iniciativa, etc.
Amáis visibiliza a necesidade de conversar, argumentar, reflexionar, valorar, interpretar, estimar,...
Coas propostas farase posible que existan situacións de aprendizaxes ricas, dinámicas, creativas, contextualizadas a modo de paisaxes de aprendizaxe.
Ten como temática de igualdade a visibilización das MULLERES  no eido da LITERATURA.
Existen propostas de lectura e de cine para nenas e nenos de E. Infantil e de E. PRIMARIA e para as familias.
Neste mes de xuño poderase pescudar nos dicionarios, buscar personaxes de contos, memorizar cancións da infancia dos avós e avoas, crear debuxos, ouvir pezas musicais, varrer, limpar e ordear o cuarto,   observar obxectos e aprender a súa utilidade, crear problemas matemáticos, indagar sobre cancións en inglés preferidas da familia,escribir cartas, crear sudokus, crucigramas,...
Os recantos con encanto da provincia propostos son: Mosteiro de Aciveiro, Encoro de Eiras, Festas de Ponteareas e alfombras, regato de Peitieiros.





https://drive.google.com/file/d/1twf_LwB6BH2-eiL4hr40GrqNsO0ThGAK/view?usp=sharing