As pautas metodolóxicas
aportadas pretender acadar 3 obxectivos:
· -
prevención
· -
recuperación
·
-enriquecemento
A continuación, referenciaremos algunhas cuestións teóricas que fan
referencia a procesos psicolóxicos ou funcións cognitivas:
A ATENCIÓN
A atención é un proceso de certa
complexidade par definir. é unha función cerebral superior, responsable de
preparar o sistema cognitivo para percibir, dirixir a intención e actuar. en
todo este proceso, a atención cumpre funcións diversas:
·
manter un
estado de alerta
·
atender a
estímulos relevantes e ignorar os que non cumpren con esa regla
·
concentrarse
nas tarefas
·
ter en conta
as instruccións recibidas para exercutar tarefas
·
preparar
respostas axeitadas
·
manter a
concentración por un periodo de tempo axustado
No contexto escolar, a ATENCIÓN é un requisito necesario para que
o proceso de aprendizaxe sexa exitoso.
Algunha das CARACTERÍSTICAS MÁIS
RELEVANTES do alumnado con dificultades para unha atención sostida son:
·
Non atenden
en situacións de escoita e/ou asembleas
·
Non reciben a
información relevante
·
Non reteñen
as instruccións das tarefas ainda secuenciadas
·
cometen erros
na realización das tarefas ainda que as comprendan
·
situacións de
non escoita e distraccións continuas
·
centran a súa
atención en estímulos non relevantes e ignoran os que sí son
·
cústalles
atender a varios estímulos á vez
·
teñen
dificultades para manter a atención durante un tempo prolongado
Pero o máis importante é que a atención pode desenvolverse e estimularse e
as súas dificultades non son permanentes.
Para a estimulación da atención podemos desenvolver actividades, tarefas e
exercicios, ...que que teñan en conta o spam
atencional (amplitude de estímulos aos que se poden atender), atención selectiva ou focal (atendese a
un estímulo e ignórase outro) e atención
serial (buscar estímulos repetidos entre outros que fan de distractores) e
se traballarían a partir de estímulos visuais.
Algúnha exemplificación de tipos de exerciciós serían:
·
Emparellar
imaxes iguais
·
Sinalar as
imaxes iguais á primeira
·
Identificar
parellas iguais
·
Discriminar
as imaxes que son iguais ao modelo
·
Sinalar
imaxes diferentes nunha fila ou columna
·
Discriminar sons
de instrumentos ou da vida cotiá
·
Identificar determinado
son entre moitos
A MEMORIA
A memoria é a función cognitiva responsable de almacenar e recuperar a
información. Estase dando moita importancia á memoria de traballo que non é
máis que unha función executiva e dun tipo de memoria a corto plazo
encargada de manter e manipular temporalmente a información necesaria para
realizar unha determinada tarefa, similar á MEMORIA RAM dos equipos
informáticos.
A MEMORIA ten unha especial implicación nas aprendizaxes condicionando o
proceso de ensinanza. A memoria promove e favorece as seguintes cuestiópns:
·
Reter as instruccións
orais ou as pautas en audios
·
Recordar
información obtida dos contos ou das historias
·
Realizar
operacións mentais
·
Realizar
actividades de forma autónoma
·
Explicar o
proceso desenvuelto para a realización dunha tarefa (pode empregarse
pictogramas, imaxes, debuxos,…)
·
Observar a
posición de obxectos-letras-formas xeométricas,..e ser quen de colocalas nunha
táboa na mesma posición ou lugar
A maioría das veces, o alumnado ten dificultades de MEMORIA cando manipulan
estímulos auditivos, visuais ou rítmicos polo que teremos en conta estes
ámbitos á hora de deseñar exemplos de tarefas:
·
Memoria
visual a través de debuxos: presentamos lámina con imaxes durante un tempo
determinado 30-35” e traballamos o vocabulario. A continuación, retiramos a
lámina e deben recordar a s imaxes
·
Memoria
auditiva de palabras: nomeamos palabras (2-3-4,…) unha por segundo maís ou
menos e o alumnado debe repetila na mesma orde.
·
Memoria
auditiva de números: o alumno-a repetirá os números escoitados previamente
·
Memoria
auditiva de ritmos
·
Memoria de
estímulos táctis: o adulto cun lápiz toca diferentes partes do corpo (2-3-4,…)
e o alumno-a deberá recordar a secuencia.
·
Memoria
motriz a través de xestos: o adulto executa unha serie de xestos e o alumno-a
debe repetilos na mesma orde
· Memoria
espacial: o adulto sinala unas imaxes nunha determinada orde e o alumno-a
deberá sinalalos na mesma orde.
ORIENTACIÓN ESPACIAL
A orientación espacial é unha capacidade intelectual implicada na
percepción e o procesamento de estímulos relacionados coa súa posición e
distribución no espacio. É unha capacidade que ten valor por sí mesma e que é
necesaria para saber adaptarse ao medio e poder sobrevivir.
Por outra parte, a orientación espacial está implicada na adquisición e
dominio de procesos de aprendizaxe básicos como lectura, escritura, numeración,
cálculo,…
O alumnado con dificultades na orientación espacial presentan alguna das
seguintes síntomas:
· -
Confunden dereita e esquerda, arriba-abaixo,
diante-detrás,…
·
-Cústalles
imitar os xestos que fai unha persoa diante deles
· -
Dificultade
para realizar debuxos formados por figuras xeométricas
·
-Dificultade
para a realización de puzles ou construccións
· -
Dificultade
para organizarse no folio ou ficha
· -
Inversión de
números, letras, confusión de letras similares (p-b, m-n, d-p,…)
Os ámbitos que deben ser traballados son:
·
-Integración do
esquema corporal
· -
Posición no
espazo
·
-Estructuración
e organización espacial
· -Habilidades
visomotoras
· -
Análise
visual
·
-Praxias
constructivas
-escoitar audios e expresar oralmente o que acaba de escoitar
-realizar autoinstruccións
-observar imaxes aparentemente iguais e localizar diferenzas
-escoitar audios e executar as instruccións
-observar páxinas e, sen mirar, expresar oralmente o que acaba de observar
-reproducir a colocación de bloques lóxicos seguindo instruccións,...
-repetición de números ou letras,...