sábado, 12 de mayo de 2018

DUA E PLANIFICACIÓN CURRICULAR MULTINIVEL


Seguimos afondando no DESEÑO UNIVERSAL DE APRENDIZAXES. 
Se planificamos dende enfoques inclusivos, equitativos, diversos debemos facelo a través dunha PLANIFICACIÓN CURRICULAR MULTINIVEL que promova o derrube de barreiras sociais, estructurais, emocionais, curriculares, organizativas,...
É necesario ter en conta aspectos relacionados coa neurociencia, coa educación e a cognición ou o que é o mesmo PSICOLOXÍA COGNITIVA, CIENCIAS DAS APRENDIZAXES, NEUROCIENCIA E PSICOLOXÍA DO DESENVOLVEMENTO (Arathoon Giron, 2016).
debemos pensar que para que se produzan as aprendizaxes deben entrar en acción redes afectivas (porque da aprendizaxe), redes de recoñecemento (que de aprendizaxes) e redes estratéxicas (como das aprendizaxes).
Polo anterior, a planificación do proceso de ensinanza  e de aprendizaxe debe dinamizar posibilidades diversas para que o alumnado teña  perseverancia, esforzo ou interese e que saiba autorregularse. De igual maneira debe ofrecer diversas opcións para a comprensión, para a expresión,para a representación,  para a percepción, para as funcións executivas, para a comunicación, para a transferencia, ...
Se facemos este plantexamento estaremos dando resposta á diversidade.
Ex. A uns alumnos ou alumnas deberemos ofrecerlles a información a través de imaxes, textos impresos e dixitais, a outros a través de audios, convertores de voz, de organizadores gráficos, etc.
Outro aspecto a ter en conta é que os recursos empregados e a metodoloxía conformann a andamiaxe para acceder ao currículo pois este non pode ser a barreira que separa ao alumnado da aprendizaxe.
Un dos mellores recursos son osTIC que non leven cara ás TIC  e as TEP.