sábado, 25 de febrero de 2017

CINE CON MOITO CONTO

As propostas do mes levan o selo da Edit. OQO

Os contos do camiño I
Nove relatos tradicionais e contemporáneos do catálogo da editorial
poden ser gozados desde XA! tamén en audiovisual, un dos formatos actuais máis populares para a transmisión de contos. Deste xeito,
OQO reafirma a súa aposta polas boas historias que merecen ser contadas, sexan en libro ou en filmes. Amosamos así que ambas
as linguaxes non se exclúen nin se substitúen, senón que
se enriquecen mutuamente.

Pedra, Pau e Palla
Rato Tom e rata Tomasa
Un gato na árbore
A pota que trota
A tartaruga que quería durmir
Corre corre, cabaciña
A bruxa regañadentes
A cousa que máis doe do mundo
A grande viaxe