lunes, 15 de diciembre de 2014

OUTRA VEZ CINE!

Xa estamos en NADAL e o cine pode ser a mellor escola nas vacacións!
As propostas para este mes son:
Adultos: EL ÚLTIMO CONCIERTO, SALÓN DE ACTOS  DO SEMINARIO DE TUI O XOVES DÍA 18 DE DECEMBRO: EL ÚLTIMO CONCIERTO ÁS 20,30 HORAS

 Sipnose: Tras 25 anos colleitando éxitos e de ter sona mundial un cuarteto de corda de New York está a piques de recibir un duro golpe no que o seu futuro xuntos estará afectado.
esta circunstancia fará que aparezan emocións reprimidas, reproches, egoísmos, ... que fará que a amizade de tantos anos estea na corda floxa.
Pero, a vida sempre poderá darlles unha segunda oportunidade?

Infantil: GRU 2: MI VILLANO FAVORITO, SALÓN DE ACTOS  DO SEMINARIO  DE TUI, VENRES 26 DE DECEMBRO ÁS 18,00 HORAS

Sipnose: Gru é un dos maiores supervillanos do mundo, pero decidiu deixar atrás a súa carreira de maldade para convertirse nun papá perfecto. Mentras o intenta, é reclutado por unha organización anticriminal e supersecreta. De súpeto, pasa a estar ao carón dos bós  para salvar o mundo. Pero agora o exmalvado ten outros problemas máis cotiás: manter a tres nenas e invitar a unha muller a cear,... 

DISFRUTADE XUNTOS!
O CINE ENRIQUECE, O CINE É MAXIA, O CINE ENSINA.