martes, 2 de diciembre de 2014

CAMPAÑA SOLIDARIA: XOGUETES E ALIMENTOS PARA TODOS! DALLE OUTRA VIDA AOS XOGUETES!



Queremos  desenvolver unha CAMPAÑA SOLIDARIA denominada: NO NADAL XOGUETES E ALIMENTOS PARA TODOS.
No noso Concello, para moitos nenos e nenas,  ter xoguetes é un ARTIGO DE LUXO.
É posible que os vosos fillos e fillas no Nadal reciban moitos xoguetes e, os que xa están moi utilizados ou xa non gustan, sobran.
Queremos axudarvos a facer sitio !

O XOVES 18 de decembro faremos, en colaboración coa ANPA, un MERCADILLO SOLIDARIO onde trocaremos OS XOGUETES EN DESUSO por 1-2 kg. DE COMIDA preferentemente leite, galletas ou aceite.  É FERMOSO QUE OS XOGUETES COBREN OUTRA VIDA!
Para poder realizalo cada familia deberá entregarnos xoguetes en bó estado pero que xa non son utilizados.

Moitas grazas por saber compartir.