miércoles, 25 de junio de 2014

APRENDENDO XUNTOS TAMÉN NO VERÁN

Chegaron as vacacións e a pregunta pode ser:
¿e agora que?
Un novo curso remata e parece que foi onte!
Queremos desexarvos unhas vacacións preñadas de vivencias familiares, de ledicia, de xogos compartidos, de andainas polo monte e pola praia, festas,...
E tamén de xornadas de CINE.
As propostas para este verán son:
CINE NA RÚA organizado pola Concellería de Cultura e Educación. Se precisades máis información premede nos seguintes enlaces:
LOS CROODS
http://www.culturatui.info/evento.php?filId=158&filLin=ga
BRAVE
http://www.culturatui.info/evento.php?filId=156&filLin=ga
FROZEN
http://www.culturatui.info/evento.php?filId=160&filLin=ga
MONSTERS UNIVERSITY
http://www.culturatui.info/evento.php?filId=153&filLin=ga

Por outro lado podedes aproveitar para algunha sesión en salas comerciais pois ir ao cine é unha experiencia ÚNICA que non é comparable ao  visionado dunha película no salón da casa. As suxerencias son:
AVIONES 2: EQUIPO DE RESCATE

CAMPANILLA Y EL HADA PIRATA


CÓMO ENTRENAR A TU DRAGÓN 2


LEGO: LA PELÍCULA


LAS AVENTURAS DE PEABODY Y SHERMAN


RÍO 2

LAS AVENTURAS DE TADEO JONES 2

TARZAN 3D


Agora queremos deixarvos algunha outra recomendación relacionada coa atención, percepción, estimulación,...:

Durante o verán as nenas e nenos deben descansar das tarefas escolares pero poden realizar moitíiiiiiisimas  tarefas da vida diaria que podan axudar ao desenvolvemento de capacidades e de competencias.
No calendario que se vos entregou dende o Dto. De Orientación tedes múltiples propostas que promoven a capacidade de atención, de memoria, as habilidades lectoescritoras,  matemáticas, a ter autonomía, a pensar,...


Algúns exemplos:
-realizar a lista da compra con imaxes ou escribindo
-recordar letras, escribir palabras (ainda que non saiban por todas)
-practicar a numeración contando, agrupando,...
-recordar cantigas, adiviñas, cancións, refráns,...
-realizar andainas descubrindo tesouros (fontes, lavadoiro, unha árbore,...)
-recoller e por a mesa a diario
-recoller, agrupar a roupa que se recolle do tendal,...
-axudar a elaborar as merendas, as ceas,...
-ler as imaxes dos contos (se non saben facer unha lectura convencional) e contalos aos demáis
-ler contos entre os diferentes membros da familia (con texto ou con imaxes) xa que favorece a imaxinación, a creatividade e a linguaxe verbal,...
-facer xogos de sopro, de respiración, de discriminar sons,...
-cando se vai en coche ir decindo as cores dos coches e/ou matrículas e/ou marcas,...
Propostas para mellorar a percepción
-localizar nas páxinas dun conto determinados obxectos, pesoas, animais, ….: atopa un personaxe que leva un pantalón azul, localiza as cousas que hai detrás do cabalo do príncipe,…
-busca no folleto de publicidade do supermercado botes de leite semellantes aos que hai na casa, paquetes  de galletas da mesma marca, iogures da mesma cor,…
-identifica  e enumera todo o que aparece detrás das figuras principais do conto na páxina 3 ou 7….
- localiza (nunha revista do corazón, nun xornal, nun folleto publicitario,…) formas  cadradas ou triangulares,…persoas que leven un pantalón curto ou verde, ou longo; un coche de cor azul; unha nena loira ou un neno moreno,…
-busca (nunha revista do corazón, nun xornal, nun folleto publicitario,…) cousas, persoas ,árbores,…que estean perto da muller que ten o vestido verde ou lonxe do neno que leva un pantalón branco ou ao redor da casa grande,…
-nomea e di a cor das cousas que están enriba da meseta da cociña,...
-identifica sons que hai no fogar: a batidora, a lavadora, o secador, o microondas, a billa de auga, auga a ferver na pota,…
-localiza arumes e cheiros no fogar: lexivia, fregacháns, loureiro, cebola, allo, colonia, xabón,…
-busca obxectos agochados polo seu son: despertador, secador, a serea dun coche, …
Algunhas estratexias para a mellora da memoria visual e auditiva no contexto familiar poden ser:
-recordar as principais personaxes dun conto
-lembrar as accións que desenvolven na trama dun conto ou película as personaxes
-enumerar os alimentos que se tomaron no almorzo, no xantar, na merenda,...
-nomear as prendas de vestir que levamos o día anterior e as cores
-lembrar a historia dos debuxos animados que se visionaron pola tarde
-recordar o que se fixo o fin de semana
-mostrar unha páxina dun conto ou folleto publicitario durante varios minutos e, a continuación, enumerar obxectos
-colocar enriba da mesa 3-4 pezas con formas xeométricas ou obxectos facer que os observe e, a continuación, retiralos debendo colocar de novo os obxectos ou pezas.
-elexir as prendas de vestir para o día seguinte (mamá ou papá agocha algunha) e localizar pola mañán as que faltan.
-redactar a lista da compra e ir buscando a mercancía no supermercado ou tenda sen mirar (cada vez ir recordando máis artigos)
- papá, mamá, avoa,...comunica cousas a realizar (3-10) ou productos que hai que mercar e, as nenas ou nenos, deberán ser quen de enumeralos.


Como vedes un verán para xogar, aprender e disfrutar das fillas e dos fillos.


As familias son a parte máis importante e relevante no proceso educativo. Sen o voso apoio, compromiso e implicación o ÉXITO EDUCATIVO NUNCA SERÁ POSIBLE.