sábado, 1 de mayo de 2021

CALENDARIO COMPETENCIAL MAIO


 


Iniciamos o mes de maio con propostas competenciais para facer posible o pensamento crítico, o saber facer, o saber ser e estar nunha sociedade cada vez máis complexa e diversa. Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) serán tamén integrados nas actividades.
A sanitaria homenaxeada neste mes é: RAMONA RODRÍGUEZ IGLESIAS "RAMONITA", matrona do Concello de Marín.
Algunha actividade para realizar en familia como compromiso coa educación dos fillos e fillas son:
Educación Infantil: contar adiviñas, seleccionar libros que non se usan para doalos, describir o que se fixo durante a xornada cada membro da familia, realizar unha visita virtual a un museo, realizar separación de residuos, falar en inglés, buscar prendas en desuso e doalas, crear cuñas publicitarias sobre cine, libros escritos en galego, falar de Xela Arias ...
Educación Primaria: crear un trivial con Kahoot, buscar na rede experimentos sinxelos, crear podcast , conversar en familia sobre problemas que se tiveron ao longo do mes, facer árbore xenealóxica en inglés, planificar menús saudables para o mes, redactar a lista da compra ou mesmo indagar sobre as mulleres políticas relevantes en Europa ...
Educación Secundaria: deseñar un concurso de ideas para mellora as infraestructuras da zona, elaborar discusións argumentativas sobre a globalización e eurocentrismo, analizar a publicidade da TV e realizar unha valoración dela, indagar sobre a crise alimentaria, crear unha infografía ou cartel con alimentos de consumo diario, subir a youtube proposta sde música, cine, ...



Agora a aprender en familia a ser competentes, capaces, implicados, motivados ...