viernes, 2 de abril de 2021

PROPOSTAS COMPETENCIAIS PARA ABRIL

 



Estamos no mes de abril e as propostas competenciais, significativas, contextualizadas poden atoparse no calendario competencial. Cada vez máis estase a falar dun currículo integrado na vida cotiá, no contexto para poder poñer en práctica os contidos, para que sexan máis motivadores, atractivos e favorezan o saber facer e o saber ser.

Neste mes temos como muller sanitaria á enfermeira ANA ROMERO CARDALDA, de Vilagarcía de Arousa.

Existirán propostas de cine, de lectura para alumnado de E. Infantil, E. Primaria, E. Secundaria e para as persoas adultas.

Algunhas das propostas son: Planificar actividades corresponsables para realizar en familia, facer un doce en familia e aprender os ingredientes, observar e anotar as veces que hai luces acesas, crear cuñas publicitarias ou podcast sobre alimentos, literatura, receitas patrimonio natural, pescudar sobre a rede hidrográfica de Europa visibilizando os ríos galegos que compartimos con Portugal e con outras CCAA, crear un retrato creando técnicas diversas, elaboración dun cartel para realizar un consumo responsable, localizar información sobre movementos artísticos europeos, recompilación de frases machistas habituais, crear un texto enumerativo para as condicións dun planeta para albergar vida, relacionar diferentes países cos ecosistemas, gravar u titorial de diferentes mesturas e disoluucións caseiras, etc.

O cobertor das actividades son tamén os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). E tamén se publicitan RECANTOS CON ENCANTO da provincia de Meis, Ponte romana de Cerdedo-Cotobade ou Centro histórico de Combarro sen esquecer a Semana Santa de Paradela.





Calendario E. Infantil

Calendario de E. Infantil bis

Calendario de E. Primaria

Calendario de E. Primaria bis

Calendario de E. Secundaria

Calendario de E. Secundaria bis