lunes, 19 de abril de 2021
O CINE QUE NOS MIRA EN ABRIL (E. Secundaria e Adultos)
lunes, 12 de abril de 2021
lunes, 5 de abril de 2021
LENDO EN ABRIL
Para E. Primaria as aventuras pasan por coñecer que ten de especial Isadora pois é filla dunha fada e dun vampiro e de tal mestura adiviñade como será a rapaza e que gustos e preferencias terá. De seguido, Billie coas súas dezaseis pecas ou seis pares de calcetíns de raias faranos introducirnos na vida dunha futbolera. E se estas dúas historia snon che parecen divertidas proba coa historia dunha formiga fóra do carreiro que ten que enfrontarse a un feixe de animais que tratan de gobernala e de dicirlle o que ten que facer. O mes pode rematar cun libro que integra os obxectivos ODS e céntrase en coñecer de onde sae a enerxía para ter luz na casa ou para fabricar pantalóns.
Educación Infantil
Educación Primaria
Educación Secundaria:
As historias para soñar e imaxinar en secundaria realizarán unha travesía pola historia de Harper que planifica o seu futuro pero? e poderán seguir pola historia dunha carta que nunca chegou ao seu destino ou transitar polo misterio, amor e superación escrito por María Herrejón e rematar cos plans xeniais de Tom como como compoñer cancións ...
Propostas para persoas adultas
O libro de DESPOJOS versará sobre o que significa o que pode significar unha ruptura matrimonial pero tamén a posibiliodade de crear oportunidades e fortalezas diferentes para un novo modelo de familia.
Agora solo queda deixarse engaiolar polas palabras de cada páxina.
viernes, 2 de abril de 2021
PROPOSTAS COMPETENCIAIS PARA ABRIL
Estamos no mes de abril e as propostas competenciais, significativas, contextualizadas poden atoparse no calendario competencial. Cada vez máis estase a falar dun currículo integrado na vida cotiá, no contexto para poder poñer en práctica os contidos, para que sexan máis motivadores, atractivos e favorezan o saber facer e o saber ser.
Neste mes temos como muller sanitaria á enfermeira ANA ROMERO CARDALDA, de Vilagarcía de Arousa.
Existirán propostas de cine, de lectura para alumnado de E. Infantil, E. Primaria, E. Secundaria e para as persoas adultas.
Algunhas das propostas son: Planificar actividades corresponsables para realizar en familia, facer un doce en familia e aprender os ingredientes, observar e anotar as veces que hai luces acesas, crear cuñas publicitarias ou podcast sobre alimentos, literatura, receitas patrimonio natural, pescudar sobre a rede hidrográfica de Europa visibilizando os ríos galegos que compartimos con Portugal e con outras CCAA, crear un retrato creando técnicas diversas, elaboración dun cartel para realizar un consumo responsable, localizar información sobre movementos artísticos europeos, recompilación de frases machistas habituais, crear un texto enumerativo para as condicións dun planeta para albergar vida, relacionar diferentes países cos ecosistemas, gravar u titorial de diferentes mesturas e disoluucións caseiras, etc.
O cobertor das actividades son tamén os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). E tamén se publicitan RECANTOS CON ENCANTO da provincia de Meis, Ponte romana de Cerdedo-Cotobade ou Centro histórico de Combarro sen esquecer a Semana Santa de Paradela.