viernes, 22 de enero de 2021

EXERCICIOS PARA A LECTOESCRITURA: VOGAIS, FONEMAS (P, M)

 

A comunicación nas súas diversas manifestacións implica a capacidade de producir, recibir e interpretar mensaxes. Ao fomentar a aprendizaxe das diversas formas de comunicación e expresión, outorgaráselles ás nenas e aos nenos a oportunidade de manifestar os seus sentimentos, emocións e ideas con maior elaboración e riqueza de matices. As linguaxes contribúen tamén ao desenvolvemento dunha competencia artística que vai acompañada do espertar dunha conciencia crítica neste mundo cambiante e que se pon en xogo ao compartir coas demais persoas as experiencias estéticas.

O propósito ao favorecer a lectura e a escritura é contribuír a mellorar a relación entre o alumnado e o medio, xa que será a través das distintas formas de comunicación e representación como a nena e o neno establezan relacións co resto das persoas. A interacción, a través dos diferentes instrumentos de comunicación, permite exteriorizar as vivencias emocionais, acceder aos contidos culturais, producir mensaxes cada vez máis elaboradas e ampliar progresivamente a comprensión da realidade.

A comunicación constitúe o proceso mediante o cal nenas e nenos, desde os primeiros anos de vida, intercambian e constrúen significados. Serán as distintas formas de comunicación e representación as que sirvan de nexo entre o mundo interior e exterior, na medida en que fan posible a representación da realidade, a expresión de pensamentos, sentimentos e vivencias, posibilitando as interaccións.

A través das linguaxes, os nenos e nenas desenvolven a súa imaxinación e creatividade, aprenden, constrúen a súa identidade persoal, mostran as súas emocións, o seu coñecemento do mundo e a súa percepción da realidade.

As linguaxes considéranse fundamentais para potenciar o desenvolvemento do pensamento e as capacidades comunicativas, expresivas e creativas.

A través da linguaxe verbal tanto oral como escrita reforzarase a capacidade para relacionarse escoitando, recibindo comprensivamente e producindo diversas mensaxes, mediante o uso progresivo e axeitado da linguaxe, nas súas expresións oral e escrita.

O dominio progresivo da linguaxe verbal axudará as nenas e os nenos a interpretar de forma máis axeitada o mundo que os rodea. A linguaxe oral é especialmente relevante nesta etapa, xa que pode considerarse o instrumento por excelencia de aprendizaxe, de regulación da conduta e de manifestación de vivencias, sentimentos, ideas, emocións, etc.

A apropiación da linguaxe, nas súas formas oral e escrita, dependerá da amplitude, variedade e calidade das experiencias comunicativas que os nenos e nenas teñan.

É relevante  que o alumnado descubra e explore os usos da lectura e a escritura, espertando e afianzando o seu interese por elas e que amáis sexa fonte de gozo, de diversión e de xogo.

Preténdese  que nenos e nenas de E.I. descubran e exploren usos da lectura e da  escritura, despertando e afianzando o seu interese por eles. A utilización funcional e significativa da lectura e da escritura na aula, levaráos, coa intervención educativa pertinente, a iniciarse no coñecemento das propiedades do texto escrito e das súas características e funcionalidades convencionales.

Ao longo de diferentes entradas faranse propostas para a mellora das habilidades metafonolóxicas, discriminación de fonemas e sílabas e de palabras en frases empregando a letra maiúscula.

Ao final das diferentes actividades coas vogais e cos fonemas traballados existirá un RETO que deben realizar para obter puntos que rexistrarán nunha táboa. 

As propostas serven para desenvolver secuencias didácticas estables de reforzo da lectura e da escritura. É necesario abordar a lectura e a escritura de forma global, integral, lúdica, significativo, multisensorial, fomentando aprender a conocer, aprender a hacer, aprender a estar y convivir y aprender a ser.

Os métodos e enfoques deben ser integrados para crear un método "personalizado" para o grupo de alumnado pois a rixidez metodolóxica nunca leva a dar resposta á diversidade do alumnado en canto a intereses, capacidades, competencias, estilos e ritmos de aprendizaxe, realidades culturais, sociais e familiares.

Sempre debemos ter presente que somos CEREBRO E CORAZÓN.

A lectura e a escritura son dúas actividades complexas pero necesarias para acceder aos saberes e son procesos interpretativos a través dos cales constrúense significados; é dicir, ler e escribir son basicamente actividades coas que construímos e ampliamos o nosos coñecemento do mundo que nos arrodea.

A escritura pasa por diferentes etapas e momentos que dependen máis da tipoloxía de secuencias didácticas e de aprendizaxes que ofrezamos que do estadio evolutivo do alumnado e asi aparecerán grafismos primitivos e pseudoletras, diferencias cualitativas e cuantitativas entre letras e números, escrituras sen control de cantidade, escrituras fixas, escrituras diferenciadas na cantidade, orden, e variedade de letras, escrituras silábicas, escrituras silábico -alfabéticas, escrituras alfabéticas y ortográficas.

O mundo que rodea a nenos e nenas é un mundo gráfico onde ven obxectos reais, e representacións e signos diversos. A primeira diferenciación que establecerán refírese a distinguir entre os debuxos, por unha parte, e outros signos gráficos como letras, números, grafías diversas. 

Esixen un proceso cognitivo de elaboración de hipóteses, de mantemento e de resolución de inferencias. A lectoescritura ten un carácter marcadamente social e interactivo e constitúe un proceso global de construcción e interpretación de significados.

Debemos ter en conta que ler é comprender textos e escribir producir linguaxe escrita. Provocar aprendizaxes é ampliar as fronteiras do pensamento e a nosa ensinanza non será solo transmitir informacións senón axudar aos alumnos e alumnas a transformar as súas ideas pois unha aprendizaxe significativa é aquela que se incorpora a un pensamento e modifícao para melloralo.

Comprender e producir é pensar (saber, coñecer), realizar (saber facer), e facelo o mellor posible (saber ser). Ou, o que é o mesmo, desenvolver competencias en canto son coñecementos, valores-actitudes e habilidades e destrezas.

Escribir e ler son actividades para comunicarse. Para expresar ideas, sentimentos, opinións, sentimentos, fantasías, realidades.

Ambos procesos, a lectura e a escritura, deben abordarse de maneira global para garantizar o significado.

Ao alumnado debemos provocarlle as ganas de ler e de escribir e tendo como referente que tarefas fáciles fanse monótonas e aburridas e excesivamente complexas asustan e inhiben. Nenos e nenas deben sentirse capaces de abordar con éxito a tarefa proposta. A medida do éxito a da, especialmente, a resposta dos adultos ante o resultado do esforzo do neno-a. A motivación require de valoracións positivas e de estratexias para facelo mellor, para lograr novos retos, provocando o pracer de pensar, de pescudar, de comparar, de buscar solucións a problemas atopados, etc. O alumnado precisa modelos a imitar polo que debemos asulagar a aula con palabras, con frases e as diferentes secuencias didácticas relacionadas coa lectoescritura deben ter en conta os diferentes tipos de texto  que se establecen no currículo (enumerativos, informativos, literarios, expositivos, prescritivos) e sempre tendo a posibilidade de comparalos entre sí. Os nomes do alumnado, os nomes dos obxectos da aula, dos alimentos, dos animais, dos planetas,...deben estar integrados en listas (textos enumerativos), en receitas (textos prescritivos-instructivos), en notas,... As nenas e nenos de E.I. non poderán identificar as características e propiedades dun texto literario dialogado se non o compara cun texto literario poético ou cun texto informativo.

Cando deseñen menús ou recetas deberán anteriormente ter a posibilidade de pescudar na biblioteca, en diferentes restaurantes,...sobre estes tipos de textos para que poidan deseñar os seus propios menús ou recetas sabendo a súa estructura, a súa disposición, a súa funcionalidade. Pola contra,  se desexamos que o cartel  ou xornal sexan un recurso informativo deberemos poñer ao alumnado en disposición de poder analizar este tipo de textos para descubrir a súa funcionalidade e propiedades para logo deixar que os deseñen e creen. O mesmo acontece co proceso de creación de notas informativas, carteis, cartas,... que precisan da valoración, descubrimento da súa utilidade, do encabezamento, dos datos relevantes, da lonxitude axeitada,...

As intervencións dos docentes son necesarias para contribuir ao avance da aprendizaxe do sistema de escritura e da lectura. (Myriam Nemirovsky)

Tamén é necesario expoñer a importancia da lectoescritura para o desenvolvemento da Competencia en Comunicación Lingüística:

A competencia en comunicación lingüística é o resultado da acción comunicativa  dentro de prácticas sociais determinadas, nas cales o individuo actúa con outros  interlocutores e a través de textos en múltiples modalidades, formatos e soportes. Estas  situacións e prácticas poden implicar o uso dunha ou de varias linguas, en diversos  ámbitos e de maneira individual ou colectiva. Para isto o individuo dispón do seu repertorio  plurilingüe, parcial, pero axustado ás experiencias comunicativas que experimenta ao  longo da vida. As linguas que utiliza puideron ter vías e tempos distintos de adquisición e  constituír, por tanto, experiencias de aprendizaxe de lingua materna ou de linguas  estranxeiras ou adicionais.

Esta visión da competencia en comunicación lingüística vinculada con prácticas sociais  determinadas ofrece unha imaxe do individuo como axente comunicativo que produce, e non  só recibe, mensaxes a través das linguas con distintas finalidades. Valorar a relevancia desta  afirmación na toma de decisións educativas supón optar por metodoloxías activas de  aprendizaxe (aprendizaxe baseada en tarefas e proxectos, en problemas, en retos, etcétera),  fronte a opcións metodolóxicas máis tradicionais.

Esta competencia precisa da interacción de distintas destrezas, xa que se produce en  múltiples modalidades de comunicación e en diferentes soportes. Desde a oralidade e a escritura até as formas máis sofisticadas de comunicación audiovisual ou mediada pola  tecnoloxía, o individuo participa dun complexo entramado de posibilidades comunicativas.

 

En resumo, para o adecuado desenvolvemento desta competencia resulta necesario  abordar a análise e a consideración dos distintos aspectos que interveñen nela, debido á  súa complexidade. Para isto, débese atender aos cinco compoñentes que a constitúen e  ás dimensións en que se concretan:

– O compoñente lingüístico comprende diversas dimensións: a léxica, a gramatical, a  semántica, a fonolóxica, a ortográfica e a ortoépica, entendida esta como a articulación  correcta do son a partir da representación gráfica da lingua.

– O compoñente pragmático-discursivo comprende tres dimensións: a sociolingüística  (vinculada coa adecuada produción e recepción de mensaxes en diferentes contextos  sociais); a pragmática (que inclúe as microfuncións comunicativas e os esquemas de  interacción), e a discursiva (que inclúe as macrofuncións textuais e as cuestións  relacionadas cos xéneros discursivos).

– O compoñente sociocultural inclúe dúas dimensións: a que se refire ao coñecemento  do mundo e a dimensión intercultural.

– O compoñente estratéxico permite ao individuo superar as dificultades e resolver  os problemas que xorden no acto comunicativo. Inclúe tanto destrezas e estratexias  comunicativas para a lectura, a escritura, a fala, a escoita e a conversa, como destrezas  vinculadas co tratamento da información, a lectura multimodal e a produción de textos  electrónicos en diferentes formatos; así mesmo, tamén forman parte deste compoñente  as estratexias xerais de carácter cognitivo, metacognitivo e socioafectivas que o individuo  utiliza para comunicarse eficazmente, aspectos fundamentais na aprendizaxe das linguas  estranxeiras.

O desenvolvemento desta competencia fai referencia ao emprego da linguaxe como instrumento de  comunicación oral e escrita, de representación, interpretación e comprensión da realidade, de construcción e comunicación do coñecemento e de organización  e autorregulación do pensamento, das emocións, e da conduta. Para acadar o desenvolvemento desta competencia fomentaremos e dinamizaremos a participación do alumnado, a toma de decisións empregando o consenso e o diálogo, respectando a diversidade de respostas, ofrecendo un clima que anime a ler, escribir e conversar.

 

PROCESOS QUE INTERVEÑEN NO PROCESO LECTO-ESCRITOR

De forma cotiá expoñemos que para ler e escribir o alumnado ten que estar ben lateralizado e co esquema corporal adquirido. Pero hoxe sábese que son moitas as capacidades e habilidades que inflúen no proceso: Procesamento perceptivo, léxico, semántico, do texto, erlaboración da mensaxe, textualización, percepción visual e auditiva, memoria visual, esquema corporal, orientación espacial e temporal, lateralidade, coordinación visual e motriz, coordinación óculo-motriz, ritmo, análise e síntese visual e auditiva, habilidades auditivas e visuais, memoria cinestésica, habilidade grafomotriz, capacidade de atención, capacidade de establecer relacións espacio-temporais, facultade de memorización e de evocación inmediata, simbolismos e aptitudes psicolingüísticas ...

RECOMENDACIÓNS METODOLÓXICAS

·       -Promover a creación dun banco temático de palabras, de vocabulario relacionado cos proxectos ou UDIS empregando os útiles de escritura e o ordenador.

·        - Empregar a escritura para aprendizaxes funcionais  como enviar e-mail, cuñas, lemas, inventar títulos ou novas, recetas,...

·         -Traballar de forma contextualizada e funcional propiedades cuantitativas e cualitativas

·         -Propiciar a identificación da separación entre palabras

·         -Visibilizar a direccionalidade do sistema de escritura e de lectura cando escribimos ou lemos contos.

·         -Dinamizar o coñecemento da ortografía comparando, analizando.

       -Propiciar a participación do alumnado para que sexa o protagonista da súa aprendizaxe pero sempre ofrecendo modelos creativos e funcionais.

       -Facilitar a opcionalidade da elección, a diversificación curricular e a axuda pedagóxica

       -Partir dos coñecementos previos.

       -Comunicar e consensuar obxectivos e criterios de avaliación.

       -Ter en conta intereses e motivacións do alumnado.

       -Dinamizar aprendizaxes funcionais, contextualizados e significativos.

       -Favorecer as interaccións e as aprendizaxes cooperativas.

       -Facilitar intercambios de alumnado que estean situados nunha mesma zona de desenvolvemento próximo (ZDP)

       -Avaliar tendo en conta os seus esforzos.

       -Provocar o conflicto cognitivo e o desquilibrio para que poida existir aprendizaxe.

       -Crear espazos e tempos de síntese, para a corrección  individual e colectiva e que se realice no momento.

   -Aproveitar os erros ofrecendo modelos e, ante as preguntas do alumnado, as dúbidas,... non debemos dar directamente respostas senón poñer ao alumnado en conflicto. Por ex. ti que porías?, onde podes buscar?, a quen podemos preguntar? falta algo?, comprobamos se está ben escrito asi?...pero NUNCA deixalo sen a posibilidade do desequilibrio, do conflicto cognitivo.

       -Propiciar a autoestima

       -Favorecer o clima da clase

    -Todo o que se escriba e se lea debe ser funcional, contextualizado: listas de nomes da clase, de obxectos, de receitas, ingredientes, notas informativas, carteis, cartas, mensaxes,  ...

    - Indicar gráficamente por onde debemos iniciar a escritura e a lectura (direccionalidade de esquerda a dereita) como por exemplo debuxar unha flecha no inicio da ficha ou do folio ir marcando co dedo a direccionalidade do que se está a ler.

-     -Reforzar a lectura e/ou recoñecemento de fonemas e/ou palabras con imaxes e xestualidade.

MODELO REXISTRO DE PUNTOS DOS RETOS

VOGAIS 

FONEMA P

FONEMA M