A comunicación nas
súas diversas manifestacións implica a capacidade de producir, recibir e
interpretar mensaxes. Ao fomentar a aprendizaxe das diversas formas de
comunicación e expresión, outorgaráselles ás nenas e aos nenos a oportunidade
de manifestar os seus sentimentos, emocións e ideas con maior elaboración e
riqueza de matices. As linguaxes contribúen tamén ao desenvolvemento dunha
competencia artística que vai acompañada do espertar dunha conciencia crítica
neste mundo cambiante e que se pon en xogo ao compartir coas demais persoas as
experiencias estéticas.
O propósito ao favorecer a lectura e a escritura é contribuír a mellorar a relación entre o alumnado e o medio, xa que será a
través das distintas formas de comunicación e representación como a nena e o
neno establezan relacións co resto das persoas. A interacción, a través dos
diferentes instrumentos de comunicación, permite exteriorizar as vivencias
emocionais, acceder aos contidos culturais, producir mensaxes cada vez máis
elaboradas e ampliar progresivamente a comprensión da realidade.
A comunicación
constitúe o proceso mediante o cal nenas e nenos, desde os primeiros anos de
vida, intercambian e constrúen significados. Serán as distintas formas de
comunicación e representación as que sirvan de nexo entre o mundo interior e
exterior, na medida en que fan posible a representación da realidade, a
expresión de pensamentos, sentimentos e vivencias, posibilitando as
interaccións.
A través das
linguaxes, os nenos e nenas desenvolven a súa imaxinación e creatividade,
aprenden, constrúen a súa identidade persoal, mostran as súas emocións, o seu
coñecemento do mundo e a súa percepción da realidade.
As linguaxes
considéranse fundamentais para potenciar o desenvolvemento do pensamento e as
capacidades comunicativas, expresivas e creativas.
A través da linguaxe verbal tanto oral como escrita reforzarase a capacidade para relacionarse escoitando, recibindo
comprensivamente e producindo diversas mensaxes, mediante o uso progresivo e
axeitado da linguaxe, nas súas expresións oral e escrita.
O dominio progresivo
da linguaxe verbal axudará as nenas e os nenos a interpretar de forma máis
axeitada o mundo que os rodea. A linguaxe oral é especialmente relevante nesta
etapa, xa que pode considerarse o instrumento por excelencia de aprendizaxe, de
regulación da conduta e de manifestación de vivencias, sentimentos, ideas,
emocións, etc.
A apropiación da
linguaxe, nas súas formas oral e escrita, dependerá da amplitude, variedade e
calidade das experiencias comunicativas que os nenos e nenas teñan.
É relevante que o alumnado descubra e explore os
usos da lectura e a escritura, espertando e afianzando o seu interese por elas e que amáis sexa fonte de gozo, de diversión e de xogo.
Preténdese que nenos e nenas de E.I. descubran e
exploren usos da lectura e da escritura,
despertando e afianzando o seu interese por eles. A utilización funcional e significativa da lectura e da
escritura na aula, levaráos, coa intervención educativa pertinente, a iniciarse
no coñecemento das propiedades do texto escrito e das súas características e
funcionalidades convencionales.
Ao longo de diferentes entradas faranse propostas para a mellora das habilidades metafonolóxicas, discriminación de fonemas e sílabas e de palabras en frases empregando a letra maiúscula.
Ao final das diferentes actividades coas vogais e cos fonemas traballados existirá un RETO que deben realizar para obter puntos que rexistrarán nunha táboa.
As propostas serven para desenvolver secuencias didácticas estables de reforzo da lectura e da escritura. É necesario abordar a lectura e a
escritura de forma global, integral, lúdica, significativo, multisensorial,
fomentando aprender a conocer, aprender a hacer, aprender a estar y convivir y
aprender a ser.
Os métodos e enfoques deben ser
integrados para crear un método "personalizado" para o grupo de
alumnado pois a rixidez metodolóxica nunca leva a dar resposta á diversidade do
alumnado en canto a intereses, capacidades, competencias, estilos e ritmos de
aprendizaxe, realidades culturais, sociais e familiares.
Sempre debemos ter presente que
somos CEREBRO E CORAZÓN.
A lectura e a escritura son
dúas actividades complexas pero necesarias para acceder aos saberes e son
procesos interpretativos a través dos cales constrúense significados; é dicir,
ler e escribir son basicamente actividades coas que construímos e ampliamos o
nosos coñecemento do mundo que nos arrodea.
A escritura pasa por
diferentes etapas e momentos que dependen máis da tipoloxía de secuencias didácticas
e de aprendizaxes que ofrezamos que do estadio evolutivo do alumnado e asi
aparecerán grafismos primitivos e pseudoletras, diferencias cualitativas e
cuantitativas entre letras e números, escrituras sen control de cantidade,
escrituras fixas, escrituras diferenciadas na cantidade, orden, e variedade de
letras, escrituras silábicas, escrituras silábico -alfabéticas, escrituras
alfabéticas y ortográficas.
O mundo que rodea a nenos e
nenas é un mundo gráfico onde ven obxectos reais, e representacións e signos
diversos. A primeira diferenciación que establecerán refírese a distinguir
entre os debuxos, por unha parte, e outros signos gráficos como letras,
números, grafías diversas.
Esixen un proceso cognitivo
de elaboración de hipóteses, de mantemento e de resolución de inferencias. A
lectoescritura ten un carácter marcadamente social e interactivo e constitúe un
proceso global de construcción e interpretación de significados.
Debemos ter en conta que ler
é comprender textos e escribir producir linguaxe escrita. Provocar aprendizaxes
é ampliar as fronteiras do pensamento e a nosa ensinanza non será solo
transmitir informacións senón axudar aos alumnos e alumnas a transformar as
súas ideas pois unha aprendizaxe significativa é aquela que se incorpora a un
pensamento e modifícao para melloralo.
Comprender e producir é
pensar (saber, coñecer), realizar (saber facer), e facelo o mellor posible
(saber ser). Ou, o que é o mesmo, desenvolver competencias en canto son
coñecementos, valores-actitudes e habilidades e destrezas.
Escribir e ler son
actividades para comunicarse. Para expresar ideas, sentimentos, opinións,
sentimentos, fantasías, realidades.
Ambos procesos, a lectura e
a escritura, deben abordarse de maneira global para garantizar o significado.
Ao alumnado debemos
provocarlle as ganas de ler e de escribir e tendo como referente que tarefas
fáciles fanse monótonas e aburridas e excesivamente complexas asustan e inhiben.
Nenos e nenas deben sentirse capaces de abordar con éxito a tarefa proposta. A
medida do éxito a da, especialmente, a resposta dos adultos ante o resultado do
esforzo do neno-a. A motivación require de valoracións positivas e de
estratexias para facelo mellor, para lograr novos retos, provocando o pracer de
pensar, de pescudar, de comparar, de buscar solucións a problemas atopados,
etc. O alumnado precisa modelos a imitar polo que debemos asulagar a aula con
palabras, con frases e as diferentes secuencias didácticas relacionadas coa
lectoescritura deben ter en conta os diferentes tipos de texto que se establecen no currículo (enumerativos,
informativos, literarios, expositivos, prescritivos) e sempre tendo a
posibilidade de comparalos entre sí. Os nomes do alumnado, os nomes dos
obxectos da aula, dos alimentos, dos animais, dos planetas,...deben estar
integrados en listas (textos enumerativos), en receitas (textos
prescritivos-instructivos), en notas,... As nenas e nenos de E.I. non poderán
identificar as características e propiedades dun texto literario dialogado se
non o compara cun texto literario poético ou cun texto informativo.
Cando deseñen menús ou
recetas deberán anteriormente ter a posibilidade de pescudar na biblioteca, en
diferentes restaurantes,...sobre estes tipos de textos para que poidan deseñar
os seus propios menús ou recetas sabendo a súa estructura, a súa disposición, a
súa funcionalidade. Pola contra, se
desexamos que o cartel ou xornal sexan
un recurso informativo deberemos poñer ao alumnado en disposición de poder
analizar este tipo de textos para descubrir a súa funcionalidade e propiedades
para logo deixar que os deseñen e creen. O mesmo acontece co proceso de creación
de notas informativas, carteis, cartas,... que precisan da valoración,
descubrimento da súa utilidade, do encabezamento, dos datos relevantes, da
lonxitude axeitada,...
As
intervencións dos docentes son necesarias para contribuir ao avance da
aprendizaxe do sistema de escritura e da lectura. (Myriam Nemirovsky)
Tamén é
necesario expoñer a importancia da lectoescritura para o desenvolvemento da Competencia en Comunicación Lingüística:
A
competencia en comunicación lingüística é o resultado da acción
comunicativa dentro de prácticas sociais
determinadas, nas cales o individuo actúa con outros interlocutores e a través de textos en
múltiples modalidades, formatos e soportes. Estas situacións e prácticas poden implicar o uso
dunha ou de varias linguas, en diversos
ámbitos e de maneira individual ou colectiva. Para isto o individuo
dispón do seu repertorio plurilingüe,
parcial, pero axustado ás experiencias comunicativas que experimenta ao longo da vida. As linguas que utiliza
puideron ter vías e tempos distintos de adquisición e constituír, por tanto, experiencias de
aprendizaxe de lingua materna ou de linguas
estranxeiras ou adicionais.
Esta visión
da competencia en comunicación lingüística vinculada con prácticas sociais determinadas ofrece unha imaxe do individuo
como axente comunicativo que produce, e non
só recibe, mensaxes a través das linguas con distintas finalidades.
Valorar a relevancia desta afirmación na
toma de decisións educativas supón optar por metodoloxías activas de aprendizaxe (aprendizaxe baseada en tarefas e
proxectos, en problemas, en retos, etcétera),
fronte a opcións metodolóxicas máis tradicionais.
Esta
competencia precisa da interacción de distintas destrezas, xa que se produce
en múltiples modalidades de comunicación
e en diferentes soportes. Desde a oralidade e a escritura até as formas máis
sofisticadas de comunicación audiovisual ou mediada pola tecnoloxía, o individuo participa dun
complexo entramado de posibilidades comunicativas.
En resumo,
para o adecuado desenvolvemento desta competencia resulta necesario abordar a análise e a consideración dos
distintos aspectos que interveñen nela, debido á súa complexidade. Para isto, débese atender
aos cinco compoñentes que a constitúen e ás dimensións en que se concretan:
– O
compoñente lingüístico comprende diversas dimensións: a léxica, a gramatical, a
semántica, a fonolóxica, a ortográfica e
a ortoépica, entendida esta como a articulación correcta do son a partir da representación
gráfica da lingua.
– O
compoñente pragmático-discursivo comprende tres dimensións: a sociolingüística (vinculada coa adecuada produción e recepción
de mensaxes en diferentes contextos sociais);
a pragmática (que inclúe as microfuncións comunicativas e os esquemas de interacción), e a discursiva (que inclúe as
macrofuncións textuais e as cuestións relacionadas
cos xéneros discursivos).
– O
compoñente sociocultural inclúe dúas dimensións: a que se refire ao coñecemento
do mundo e a dimensión intercultural.
– O
compoñente estratéxico permite ao individuo superar as dificultades e resolver os problemas que xorden no acto comunicativo.
Inclúe tanto destrezas e estratexias comunicativas
para a lectura, a escritura, a fala, a escoita e a conversa, como destrezas vinculadas co tratamento da información, a
lectura multimodal e a produción de textos electrónicos en diferentes formatos; así
mesmo, tamén forman parte deste compoñente as estratexias xerais de carácter cognitivo,
metacognitivo e socioafectivas que o individuo utiliza para comunicarse eficazmente, aspectos
fundamentais na aprendizaxe das linguas estranxeiras.
O
desenvolvemento desta competencia fai referencia ao emprego da linguaxe como
instrumento de comunicación oral e
escrita, de representación, interpretación e comprensión da realidade, de
construcción e comunicación do coñecemento e de organización e autorregulación do pensamento, das
emocións, e da conduta. Para acadar o desenvolvemento desta competencia
fomentaremos e dinamizaremos a participación do alumnado, a toma de decisións
empregando o consenso e o diálogo, respectando a diversidade de respostas,
ofrecendo un clima que anime a ler, escribir e conversar.
PROCESOS QUE INTERVEÑEN NO PROCESO LECTO-ESCRITOR
De forma cotiá expoñemos que para ler e escribir o
alumnado ten que estar ben lateralizado e co esquema corporal adquirido. Pero
hoxe sábese que son moitas as capacidades e habilidades que inflúen no proceso: Procesamento perceptivo, léxico, semántico, do texto, erlaboración da mensaxe, textualización, percepción visual e auditiva, memoria visual, esquema corporal, orientación espacial e temporal, lateralidade, coordinación visual e motriz, coordinación óculo-motriz, ritmo, análise e síntese visual e auditiva, habilidades auditivas e visuais, memoria cinestésica, habilidade grafomotriz, capacidade de atención, capacidade de establecer relacións espacio-temporais, facultade de memorización e de evocación inmediata, simbolismos e aptitudes psicolingüísticas ...
RECOMENDACIÓNS
METODOLÓXICAS
· -Promover a creación dun banco temático
de palabras, de vocabulario relacionado cos proxectos ou UDIS empregando os
útiles de escritura e o ordenador.
· - Empregar a escritura para aprendizaxes
funcionais como enviar e-mail, cuñas,
lemas, inventar títulos ou novas, recetas,...
· -Traballar de forma contextualizada e
funcional propiedades cuantitativas e cualitativas
· -Propiciar a identificación da
separación entre palabras
· -Visibilizar a direccionalidade do
sistema de escritura e de lectura cando escribimos ou lemos contos.
· -Dinamizar o coñecemento da ortografía
comparando, analizando.
• -Propiciar a participación do alumnado para
que sexa o protagonista da súa aprendizaxe pero sempre ofrecendo modelos
creativos e funcionais.
• -Facilitar a opcionalidade da elección, a
diversificación curricular e a axuda pedagóxica
• -Partir dos coñecementos previos.
• -Comunicar e consensuar obxectivos e criterios
de avaliación.
• -Ter en conta intereses e motivacións do
alumnado.
• -Dinamizar aprendizaxes funcionais,
contextualizados e significativos.
• -Favorecer as interaccións e as aprendizaxes
cooperativas.
• -Facilitar intercambios de alumnado que estean
situados nunha mesma zona de desenvolvemento próximo (ZDP)
• -Avaliar tendo en conta os seus esforzos.
• -Provocar o conflicto cognitivo e o
desquilibrio para que poida existir aprendizaxe.
• -Crear espazos e tempos de síntese, para a
corrección individual e colectiva e que
se realice no momento.
• -Aproveitar os erros ofrecendo modelos e, ante
as preguntas do alumnado, as dúbidas,... non debemos dar directamente respostas
senón poñer ao alumnado en conflicto. Por ex. ti que porías?, onde podes
buscar?, a quen podemos preguntar? falta algo?, comprobamos se está ben escrito
asi?...pero NUNCA deixalo sen a posibilidade do desequilibrio, do conflicto
cognitivo.
• -Propiciar a autoestima
• -Favorecer o clima da clase
• -Todo o que se escriba e se lea debe ser
funcional, contextualizado: listas de nomes da clase, de obxectos, de receitas,
ingredientes, notas informativas, carteis, cartas, mensaxes, ...
• - Indicar gráficamente por onde debemos iniciar
a escritura e a lectura (direccionalidade de esquerda a dereita) como por
exemplo debuxar unha flecha no inicio da ficha ou do folio ir marcando co dedo
a direccionalidade do que se está a ler.
- -Reforzar a lectura e/ou recoñecemento de fonemas e/ou palabras con imaxes e xestualidade.
MODELO REXISTRO DE PUNTOS DOS RETOS
VOGAIS
FONEMA P
FONEMA M