lunes, 2 de noviembre de 2020

APRENDIZAXES ESENCIAIS E COMPETENCIAIS EN FAMILIA

 




Iniciamos unha nova travesía a través das competencias que nenas e nenos deben desenvolver no contexto escolar, familiar, social, natural e cultural.
A familia é corresponsable da educación do fillos e fillas e, polo tanto, precisa de estratexias, propostas ou accións para poder integrar na vida familiar unhas aprendizaxes imprescindibles ou esenciais.
Amáis visibilizaremos a unha MESTRA DE SEMPRE: Marisa Miguélez Núñez do Concello de Silleda.
Tamén ofertamos propostas de cine e de Literatura tanto para a poboación infantil como para os adultos.



Algún exemplo:
Recopilación de xogos de avós e avoas, recollida de castañas e ourizos para crear centros florais, deseño de murais coas fotografías da familia, planificar actividades corresponsables, inventar historias con ilustracións de contos, descubrir nomes de alimantos, crear cuñas sobre receitas de cociña, libros ou descubrir recantos con encanto en Salvaterra, Rodeiro, Silleda, Pazos de Borbén.


Algunhas propostas son: Reflexionar sobre dereitos e deberes da infancia, buscar efemérides do 25 de novembro, indagar sobre unidades de relevo máis importantes, planificar menús saudables para o mes, seleccionar unha banda sonora en inglés, inventar historias con protagonistas nenos ou nenas, organizar un magosto, deseñar planificación mensual ... 

A responsabilidade compartida é moi fructífera e fai nenos e nenas reflexivos, autónomos ...