Xa estamos en agosto e seguimos presentando actividades competenciais, actividades que favorecen a adquisición de aprendizaxes imprescindibles e tamén a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) recomendados pola ONU.
Entre as actividades temos: Bailar en familia, planificar actividades de lecer, crear cuñas publicitarias sobre libros ou alimentación, crear e resolver sudokus ou sopa de letras, localizar alimentos no frigorífico que caduquen durante a semana, inventar unha historia cos nomes da familia ...
Para o alumnado de E. Primaria algunhas propostas son: Crear unha historia en lingua inglesa, localizar películas en carteleiras dos cines da zona e buscar información sobre o papel das actrices no filme, analizar e reflexionar sobre sinais de tráfico importantes para os peóns e argumentar os motivos, crear receitas de copciña, limpar e ordear o cuarto e o baño ...
Actividades relacionadas con ODS: crear un podcast sobre alimentación saudable, levar o lixo aos contedores de recollida selectiva, elaborar unha lista con alimentos que estean a piques de caducar, analizar e valorar os consumos non responsables no fogar, crear unha grella con tarefas corresponsables que debe realizar cada membro da familia, crear un podcast sobre patrimonio, indagar sobre os prezos dos alimentos e facer un cálculo de gastos do mes, responder a chamadas de teléfono empregando as normas de cortesía, recoller a mesa e pasar a fregona ...
A mestra de sempre deste mes é: JULIA IGLESIAS OTERO (Tomiño)
E por suposto a visibilización de recantos con encanto da provincia: Cambados, Catoira, Ponte de Cernadela en Mondariz, A Golada, Cruceiro de Amil en Moraña, ou o lago Castiñeiras en Vilaboa.
Existen propostas de literatura infantil e de literatura de adultos e tamén propostas cinéfilas.