Xa estamos no periodo vacacional pero este calendario segue ofrecendo aprendizaxes imprescindibles e esenciais que xiran en torno ao coñecemento dos membros da familia, á creación de cuñas publicitarias sobre libros ou receitas de cociña, crear listas da compra ...
Tamén ofrece a posibilidade de coñecer recantos con encanto na A Guarda, illa de Arousa, Lalín, Marín, Meaño ou Illas Cíes.
A mestra de sempre deste mes é ANXELES GARCÍA PEÑA do Concello de Sanxenxo.
Outras propostas son: poñer e recoller a mesa, facer ximnasia ao aire libre, escoitar animais da contorna, inventar contos, campionato de memoria ...
Algunha sdas propostas para E. Primaria son: planificar menús saudables ou actividades de lecer, buscar información sobre ONG, fotografar ángulos, formas xeométricas na contorna, localizar espazos de lecer creando un documental, conversar sobre anécdotas da infancia, buscar cidades ou lugares do mundo para visitar, crear titoriais ou podcast, identificar preferencias culturais ou argumentar ...