A igualdade créase, reflexiónase, faise, compártese,... e por iso é necesario deseñar actuacións e estratexias para facer visible a corresponsabilidade, os valores e contravalores.
En primeiro lugar, propoñemos realizar unha reflexión no contexto familiar analizando e rexistrando a tipoloxía de actividades corresponsábeis que se realizan.
En segundo lugar, a proposta é que cada semana cada membro da familia se ocupe de tarefas nun cronograma.