viernes, 1 de marzo de 2019

CALENDARIO COMPETENCIAL MES DE MARZO 2019

 Xa estamos en marzo e as familias teñen mil e unha posibilidades de aprender cos seus fillos e fillas, de pensar, de imaxinar, de ler, de ter sesións de cine en familia,  de resolver enigmas en contos, de conversar dos momentos felices da xornada, de escoitar música ou de practicar inglés, de planificar menús saudables, realizar algunha visita a recantos con encanto da provincia (Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas), indagar sobre mulleres e argumentar os seus papeis na historia, crear unha historia de teatro,...
As nosas heroinas deste mes: BEGOÑA VILA (astrofísica), NEREA BARROS (actriz), ISABEL BARRETO (almirante)
A educación compartida é máis sensata, máis coherente, máis motivadora, máis ilusionante,...A través das propostas do calendario educamos na realidade, no asombro e para a vida dende a propia vida.




CALENDARIO MES DE MARZO INFANTIL
CALENDARIO MES DE MARZO INFANTIL 2


CALENDARIO MES DE MARZO PRIMARIA
CALENDARIO MES DE MARZO PRIMARIA 2