lunes, 18 de diciembre de 2017

DEIXATE ATRAPAR POR....CONTOS DE EMOCIÓNS E CON EMOCIÓNS



A alfabetización emocional é necesaria para acadar un desenvolvemento integral persoal e social.
As emocións están vinculadas coas intelixencias intrapersoais e interpersoais das que  falaba H. Gardner. Pola contra, Goleman fala de intelixencia emocional.
A intelixencia emocional está relacionada coa resiliencia, co autocontrol emocional, coas actitudes positivas e o optimismo, coa cognición e o comportamento, coa cidadanía cívica, co pensamento crítico, co pensamento deliberativo,...
Existe unha ampla bibliografía para traballar emocións cos fillos e fillas, co alumnado. Algúns exemplos son os que aparecen a continuación:













Seguindo a C. Loureiro membro do equipo de Filosofía para nenos de Galicia a  finalidade da educación emocional é desenvolver as competencias emocionais; e resulta ser  a  competencia emocional a que fai as persoas emocionalmente intelixentes.
O modelo de competencias emocionais do GROP (Bisquerra e Pérez, 2007) é un dos máis  completos e fundamentados. Este modelo propón o desenvolvemento dos seguintes cinco bloques competenciais:
1.    Conciencia emocional: a toma de conciencia das propias emocións; dar  nome ás propias emocións; comprender as emocións dos demais.
2.    Regulación emocional: tomar conciencia da interacción entre emoción,  cognición e comportamento; expresión emocional; capacidade para a  regulación emocional; habilidades de afrontamento; competencia para  autoxerar emocións positivas.
3.    Autonomía emocional: autoestima; automotivación; actitude positiva; responsabilidade; a autoeficacia emocional; a análise crítica das normas  sociais; a resiliencia (a capacidade de resistir emocionalmente ás  dificultades da vida).
4.    A intelixencia interpersoal: dominar as habilidades sociais básicas; o  respecto polos demais; a comunicación receptiva; a comunicación expresiva; compartir emocións; ter un comportamento prosocial e cooperativo;  ser asertivo; previr e resolver conflitos; ter a capacidade de xestionar as  situacións emocionais dos demais.
5.    As competencias para a vida e o benestar : fixar obxectivos adaptativos; tomar decisións; saber buscar axuda e recursos; cidadanía activa, cívica, responsable, crítica e comprometida; estimular o benestar subxectivo e  saber fluír.

d